venres, 4 de marzo de 2022

Recital Poesía con Silvia Penas. Proxección filme Anatomia dunha serea e Pleno específico do Consello da Muller. Actos polo 8M para os días 5, 7 e 8 de marzo

Ola Bos días,

 

PROGRAMA DE ACTOS POLO 8M . Día Internacional das Mulleres. VIGO
A Concellería de Igualdade de Vigo informa:

A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizamos no mes de marzo, numerosas e variadas actividades e actos con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Lembramos as actividades que se desenvolverán durante os días 5, 7 e 8 de marzo. Son as seguintes:


 5 de marzo, sábado: Proxección da curta Anatomía dunha serea". Coloquio posterior coa directora Adriana Páramo e coa actriz Iria Pinheiro.

Curta documental que amosa como a actriz Iria Pinheiro converte as experiencias de violencia obstétrica polas que pasou durante o parto e o posparto na obra de teatro Anatomía dunha serea. A través dos ensaios e das esceas da obra, Pinheiro conta a súa historia usando a parodia como motor.

Este proceso creativo acompáñase do relato da propia Pinheiro contando o que lle pasou física e emocionalmente. Unha serie de animacións en stop motion dan cifras concretas que axudan a enmarcar socialmente a violencia obstétrica. O documental, como a obra pretende amosar a historia de Pinheiro e con esto dar visibilidade a esta realidade oculta.

Lugar: Auditorio Municipal do Concello. Praza do Rei, 1.

Hora: 19:00 

Entrada libre ata completar a capacidade do local


7 de marzo, luns: Recital aberto de poesía de xénero. Acto conducido por Silvia Penas.

Desexamos que esta actividade sexa un acto coral polo que nos gustaría que te sumaras coa achega dun poema da túa escolla sobre a temática de "muller", "Igualdade", que compartirías con todas as persoas alí presentes.

Lugar: Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa, 2.

Hora: 19:00

Entrada libre ata completar a capacidade do local.


8 de marzo, martes:  Pleno específico do Consello Municipal da Muller

Integrantes do Consello Municipal da Muller intervirán lendo textos e fragmentos de obras de pensadoras e escritoras feministas

Lugar: salón de plenos do Concello. Praza do Rei, 1.

Hora: 10:00

Entrada libre con identificación ata completar a capacidade do local


8 de marzo, martes: Manifestación convocada por Galegas 8M

          Saída desde a Praza de España ás 19:30


Nos arquivos adxuntos pódese consultar todo o programa

Máis info en http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=523 e facebook "IgualdadeVigo"

Saúdos,

Ningún comentario: