luns, 7 de marzo de 2022

Charla SAÚDE MENTAL ADOLESCENTE 17 marzo 2022

Ola bos días;

Recibimos a seguinte invitación ás familias do centro, á actividade:


O PAPEL DA FAMILIA NO SUFRIMENTO E SAÚDE MENTAL ADOLESCENTE

 

Cando: XOVES 17 DE MARZO DE 2022

Hora: 17:00 H.

Onde: IES ROU (Rúa Coutadas 54, Vigo)

 

A saúde mental é algo fundamental para o benestar das persoas. A pandemia provocada pola COVID veu agravar situacións de estrés, depresión, ansiedade, illamento ou atolesións que se están a dar nas nosas crianzas. É por iso que as persoas que formamos parte da comunidade educativa debemos informarnos para atallar estas situacións, detectalas e poder dar resposta cando se produzan para coidar da mellor maneira a saúde mental das nosas crianzas.

A actividade será impartida pola compañía polo psicólogo Daniel Novoa.

PREGAMOS FAGADES DIFUSIÓN DESTA ACTIVIDADE.

Prazas limitadas.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou enchendo o formulario https://forms.gle/KvfBKpvBPENrscqz8


Ningún comentario: