martes, 8 de marzo de 2022

ENAPA: EDUCAR É CONECTA. COMUNICACIÓN NON VIOLENTA. Aida Lorti

Ola bos días:

Deixámovos a seguinte proposta pedagóxica que nos envían desde o ANPA do Valle - Inclán.

Un saúdo.
 



Bos días!

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA.

Será o próximo luns 14 de marzo de 2022, de 17:30 a 19:30.

Correrá a cargo de Aida López Ortiz, educadora experta en Pedagoxías Activas e certificada en Conecta e Comunica. Formadora en Comunicación non Violenta (CNV).

Leva en activo dende o ano 2000 como profesional da educación facendo eventos educativos e obradoiros para familias e profesionais do ámbito educativo.

 

Nela trataremos aspectos básicos sobre a comunicación non violenta  e a importancia de conectar para educar.

 

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.

 

E sen máis despedímonos agardando vervos o luns día 14.

 

Agradecemos difusión.

 

Atentamente, Paula. Coordinadora das ENAPAS do CEIP Valle- Inclán.

Ningún comentario: