mércores, 24 de abril de 2024

CAMPAMENTO VERÁN

Ola familias!!  

Xa temos aquí as datas do campamento de verán, que levamos a cabo coa colaboración de Imaxina. 

Se tedes algunha dúbida, contactade con Imaxina no teléfono:  644 731 093.

Un saúdo,

--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

Axudas económicas respiro familiar

Ola familias!!

Na seguinte ligazón tendes toda a info sobre as axudas da Xunta que acaban de publicarse.

Son axudas económicas para as familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade.

Un saudo,
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

martes, 23 de abril de 2024

ACTIVIDADES CASA DA MULLER


Ola familias!!

Informamos que está aberto o plazo de inscripción de obradoiros do Servizo de Igualdade do Concello de Vigo. 

Os obradorios son de canto, de competencias dixitais, asociacionismo feminino, igualdade e sobre sexualidade.

Ditos obradoiros levaránse cabo na Casa da Muller.

Tendes toda a info na página web do Concello. 

Saúdos,

CONCENTRACIÓN: Vigo con Palestina 24 abril 2024

Ola familias!!!

O próximo mércores, día 24 de abril, terá lugar una manifestación cidadá "VIGO CON PALESTINA".

Saúdos,

--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

venres, 19 de abril de 2024

CAMPAÑA RECOLLIDA LEITE NAS ANPAS ABRIL 2024

Ola familias!!

A Anpa do Lope de Vega vai colaborar coa Campaña de recollida de leite a favor de VIDA DIGNA (asociación sen ánimo de lucro cuxo obxetivo é a axuda integral ó necesitado).

Podes deixar a vosa doazón no local da Anpa ata o día 30 de abril.

Saúdos,


--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

martes, 9 de abril de 2024

NOVA XUNTA ANPA

 Ola familias!

Este ano acaba a nosa etapa na ANPA e toca dar relevo...

Polo momento, non hai xente de abondo para facer un novo equipo.

Como recordatorio, a ANPA xestiona actividades extraescolares, madrugadores, excursión de sexto, festas, obradoiros, campamentos, viaje a Cíes, entre outras cosas....

Para anotarvos solo tendes que pasar polo local, indicando o voso nome e teléfono de contacto ou enviando un mail a lopedevegaanpa@gmail.com ou tamen pode ser polo WhatsApp (698164310).

A data límite será antes da asamblea xeral de xuño.

Grazas!!

luns, 8 de abril de 2024

OBRADOIRO DE MULLERES INVENTORAS

  Bos días familias,

Dende a ANPA e coa colaboración do colexio, organizamos un obradoiro para o alumnado de 4º de primaria.

O obradoiro foi subvencionado coa axuda de Foanpas.

Agardamos que vos gustase.

Saúdos  


mércores, 27 de marzo de 2024

GALA VIGUESES DISTINGUIDOS 2024

 Ola familias!!

Onte tivemos a sorte de estar presentes na gala de Vigueses Distinguidos 2024, que tivo lugar no teatro García Barbón.  

O concello de Vigo entregou ao noso colexio, o CEIP Lope de Vega, a distinción de Vigués Dintinguido por cumprir 50 anos. 

Alí estivo o noso director, Elías, xunto con outros membros do consello escolar, a Anpa e o alumnado.

Saudos!!

luns, 25 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

 Bos días familias,

Dende a ANPA e coa colaboración do colexio, organizamos un obradoiro para o alumnado de 3º de primaria.

O obradoiro foi subvencionado coa axuda de Foanpas.

Agardamos que vos gustase.

Saúdo            
   

                                                                                                             


xoves, 21 de marzo de 2024

OBRADOIRO ECOPERCUSION

Bos días familias,

Dende a ANPA e coa colaboración do colexio, organizamos un obradoiro para o alumnado de 6º de primaria.

O obradoiro foi subvencionado coa axuda de Foampas.

Agardamos que vos gustase.

Saúdo




sábado, 16 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE HAMA BEADS

 Ola Familias!!

Moitas grazas pola acollida do obradoiro que fixemos onte.

A verdade é que foi todo un éxito...e a ​​proba foi a asistencia e a gran ilusión do alumnado...aquí van algúns momentos.

Tamén queremos agradecer a "meu_gato_negro" o seu tempo e colaboración.

Saúdos,

domingo, 10 de marzo de 2024

RECORDATORIO: OBRADOIRO DE HAMA BEADS

 Ola familias!!!!

Recordade que o xoves 14 de marzo as 17 h temos un obradoiro para facer un chaveiro!!!

Non quedes sen plaza!!!

Un saudo,


domingo, 3 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE HAMA BEADS

 Ola familias!!  

O vindeiro 14 de marzo temos na escola un obradoiro moi chulo sobre a técnica de Hama beads!!!

Para os que non saibades de que se trata, aquí vos deixamos un vídeo. Agardámosvos!!!  


Inscripcion

Apertas,

venres, 1 de marzo de 2024

2ª Jornada Liga Natación Escolar

Ola familias!! 

O día 17 de marzo disfrutaremos da segunda xornada da Liga de Natación desta tempada.

Lembrade que os participantes novos deben ser inscritos antes do luns 11 de marzo.

Os participantes inscritos na primeira xornada, coma sempre, xa están inscritos para esta e para a seguinte.

Animádevos a participar!!

Un saúdo.

--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

mércores, 28 de febreiro de 2024

Museo Liste- Concurso de relatos

Ola familias!!

Unha oportunidade de participar no concurso de relatos do Museo Liste!!!

Un saúdo,
--   -------  Departamento de Didáctica e Difusión  Museo Liste Vigo  R/ Pastora nº22  36210 Vigo - 0034-986244698  recepcion@museoliste.org  www.museoliste.org          En cumprimento do establecido polos requerimentos do  Reglamento General de Protección de Datos da UE (GDPR) de  Protección de Datos de Carácter  Persoal, informámoslle que os seus datos persoais foron obtidos co seu consentimento ou de fontes de acceso público e forman parte dun ficheiro baixo a responsabilidade da FUNDACIÓN LISTE MUSEO ETNOGRÁFICO DE VIGO coa  finalidade de facilitar a xestión divulgativa desenvolvida pola entidade.  Se o desexa poderá exercita-los dereitos de acceso, rectificación ou cancelación, remitindo un correo electrónico ao enderezo: recepcion@museoliste.org
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

venres, 23 de febreiro de 2024

VIAXE FAMILIAR ÁS ILLAS CÍES

Ola familias!!

Dende a ANPA queremos ofrecervos unha viaxe familiar ás Illas Cíes.

Podedes formalizar a reserva no noso local ou a través do correo electrónico: lopedevegaanpa@gmail.com 

Na mensaxe hai que por (de todas as personas que van):
  • Nome e apellidos.
  • DNI.
  • Data de nacemento.
  • Teléfono de contacto.

Apertas,

VII GALA SOLIDARIA BICOS DE PAPEL

 Ola familia!!

Dende a ANPA queremos convidarvos a que vos acerquedes o día 24 de febreiro as 17:30h o teatro Salesianos a gala solidaria Bicos de papel. A partir das 16:30h xa comeza a troula.

A entrada é de 10€/adulto e 5€/cativo. 

Se queres asistir a gala envía un justificante coa doazón a asociacionbicosdepapel@gmail.com, indicando a doazón feita e o número de entradas diferenciando as de cativos das de adulto.

VII GALA SOLIDARIA BICOS DE PAPEL

Un saúdo,

xoves, 22 de febreiro de 2024

mércores, 21 de febreiro de 2024

Obradoiro para as familias

Ola familias!!

A ANPA do Lope de Vega xunto coa organización Quérote + organizamos o obradoiro "Benestar na familia, coidándonos en equipo" que terá lugar o día 5 de xuño dende as 16:30 ata as 18:00 horas.

É necesario confirmar asistencia no número do local 698164310 ou enviando un mail a: lopedevegaanpa@gmail.com.

Apertas,

luns, 19 de febreiro de 2024

IGUALDADE

 Ola familias!!  

Queremos lembrar que podedes consultar todas as charlas e xornadas sobre igualdade na pestana superior dereita do blog.

Un saúdo,

OBRADOIRO DE HAMA BEADS

 Ola familias!!!  

O xoves 14 de marzo temos un novo obradoiro de Hama Beads para facer un chaveiro moi chulo!!  

A entrada para socios da ANPA é de 3€ e para os non socios de 5€.  Todo o material está incluído no prezo da entrada.  

Organiza: meu gato negro.  

As prazas son limitadas así que non dubidedes en apuntarvos!!!

Apertas,

venres, 16 de febreiro de 2024

2ª charla Ciclos en familia: " INTELIXENCIA EMOCIONAL E HABILIDADES SOCIAIS CON ADOLESCENTES"

Ola familias!!!

Achegamos a información sobre as charlas de "Aprendiendo en familia".

Un saúdo,
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

xoves, 15 de febreiro de 2024

A DIXITALIZACIÓN NA ESCOLA A ANÁLISE

Ola familias,

A continuación deixamos información da xornada organizada polas ANPAS GALEGAS xunto a FOANPAS

XORNADA: A DIXITALIZACIÓN NA ESCOLA A ANÁLISE

ORGANIZA: Confederación ANPAS Galegas
DATA: Sábado, 24 de febreiro do 2024
DENDE:  as 10:00h ata  as 18:30h
LUGAR: Verbum - Casa das palabras - Vigo

Data límite das inscricións para o xantar o martes 20 de febreiro


Un saúdo
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

martes, 13 de febreiro de 2024

Horario Xoves 15.

 Bos días!!

O xoves día 15 de febreiro o local da ANPA estará aberto dende as 16:00 ata as 17:00, por motivos persoais.

Apertas,

luns, 12 de febreiro de 2024

IGUALDADE

Ola familias!!

Dende a ANPA escoitamos as vosas necesidades específicas en materia de coeducación e as inquedanzas sobre o uso das TICs, os videoxogos e o papel das nenas, o acceso á pornografía, etc. Por iso queremos propoñervos que visualicedes os seguintes contidos:

- Un diálogo sobre a linguaxe na música, que tipo de mensaxe quere transmitirnos o que escoitan as nosas fillas e fillos-> "Ni malas ni vuestras" à Video

-  Video que trata a violencia dixital à Vídeo

- Video que fala da sexualidade e da orientación sexual à Vídeo

- Libros relacionados que atopamos na Escola Galega de Sexualidade à Link:

Apertas

xoves, 8 de febreiro de 2024

APRAZADA A FESTA DE ENTROIDO

Ola familias.

Por motivo do temporal que temos e a previsión para mañá aprázase a festa para o venres día 16/02 a partir das 17:00.

Apertas

venres, 2 de febreiro de 2024

Museo Liste- Exposición temporal Entroido

Ola familias!!

Xa estamos de entroido!!

No museo Liste hay unha exposición temporal de máscaras rituais.

Abaixo deixámosvos a info.

Apertas.
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

"Tempo da Psicoloxía" - Unha ollada sobre o suicidio

Ola familia!!!

A continuación deixámovos toda a información da sexta edición de Tempo dá Psicoloxía, un ciclo de conferencias de acceso libre, entre os días 19 e 22 de febreiro.

Apertas,
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

Xogos de mesa en familia

Ola familias!!

Moitas grazas a todos pola tarde tan divertida de onte no Lope de Vega!!

Na seguinte ligazón podede ver o ben que o pasamos...

E de novo, grazas a Sara e a Mini Monstros por confiar en nós!!

Instagram.com

Apertas.

CIBER.gal - Ciberseguridade non uso de videoxogos

Ola familias!!

O próximo día 7 de febreiro ás 17:30, esta organizada unha sesión formativa gratuita dirixida a pais, nais, titores e membros do sector educativo sobre a ciberseguridade no uso de los videoxogos por parte dos menores. 

A formación da actividade será en liña cunha duración de 55 minutos.

A inscripción esta aberta a través da seguiente linkhttps://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2927604

O desenvolvemento da sesión seguirá a sguiente estructura:
  • Riscos asociados a un consumo de videoxogos non supervisado.
  • Que se poida facer ante o uso de videoxogos?
  • Medidas preventivas
  • Beneficios asociados a un xogo responsable

Apertas,
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

xoves, 1 de febreiro de 2024

XXXII CROSS ESCOLAR «PÁRROCO DON CAMILO» (10 MARZO 2024)

Ola familias!!

O día 10 de marzo terá lugar a edicion XXXII Cross escolar Párroco Don Camilo nos arredores de San Andrés de Comesaña.

A continuación deixámosvos toda a info relacionada co cross.

Animarvos a participar!!!

Aperta,

DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

venres, 26 de xaneiro de 2024

Campamento do Entroido



ANPA 2024 - 2026: Nova xunta

Ola familias!!!

Este ano acaba a nosa etapa no ANPA e toca dar substitución...polo momento non hai persoas suficientes para hafer un novo equipo.

O ANPA xestiona actividades extraescolares, madrugadores, excursión de sexto, festas, obradoiros, campamentos vacacionais, viaxe a Cíes, entre outras cousas...

Animámosvos a formar parte do equipo que estea o próximo ano. É polo ben de nosos peques!!

Grazas!!! E non nos esquezamos do importante...o alumnado do Lope de Vega.

mércores, 24 de xaneiro de 2024

MOCHILA JUGONA VIAXEIRA

 Ola familias!!!

A MOCHILA JUGONA VIAXERA  chega ao Lope de Vega.

Tratase dunha mochila con diferentes xogos que cada semana se irase a casa dalgún intrépido xogador.....

Se queredes saber máis....contactar con Sara (646872540).

Deixámosvos máis información no documento adxunto.

Un saúdo.




luns, 22 de xaneiro de 2024

Xogos de Mesa en Familia



Taller: Planetario - "Navegando polo Universo"

Bos días,

Desde o Anpa e coa colaboración do colexio, organizamos un taller para os alumnos de segundo de primaria.

O taller subvencionnouse coa axuda de Foanpas.

Esperamos que o gozaran!!!

Un saúdo familias.


mércores, 17 de xaneiro de 2024

JUDO Y PATINAXE

Ola familias!!!

Lembrámosvos que nas nosas instalacións temos traxes e cintos de judo y patíns á vosa disposición, como préstamo.

Tamén se admiten doazóns!!!!

Graciñas.

xoves, 11 de xaneiro de 2024

LIGA NATACIÓN ESCOLAR 2023-2024

Ola Familia,

Convidámosvos a participar na liga de natación escolar deste curso. 

A primeira xornada celebrarase o 28 de Xaneiro 2024, e o último día de inscripción será o día 19 de Xaneiro 2024. 

As persoas interesadas poden pasarse pola oficina do Anpa ou ponerse en contacto co número de teléfono de Anpa: 698164310. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

IMOS LOPE!!!!

RENOVACIÓN PISCINAS 2° CUADRIMESTRE 2024

Estimadas familias queremos lembrarlles que se abre prazo para a renovación ou inscrición, no caso de que houbese prazas, das piscinas municipais de Lavadores, Travesas e para o Náutico.

Último día de renovación ou inscripción é o 16 de Xaneiro.

A renovación pódese facer mediante transferencia ao noso número de conta: ES34 2080 5087 6930 4000 0700 ó presencialmente no noso local.

As piscinas municipais custan 32,20 € y el Náutico 70 €.

mércores, 10 de xaneiro de 2024

PREMIO LOTERIA DE NADAL

 Ola Familias,

O premio da loteria de Nadal cóbrase na "Administración nº: 25" - C/ Pizarro, nº 81 - Vigo.

Tal como indícanse nas participacións

Un saúdo.

martes, 9 de xaneiro de 2024

TALLER DE MAXIA

Ola familias, aquí vos deixamos unhas fotos do obradoiro de maxia que lles ofrecemos ás nenas e nenos de infantil e primeiro de primaria. Este obradoiro foi financiado pola ANPA gracias a unha subvención de FOANPAS.


Maxia na Manga



domingo, 7 de xaneiro de 2024

FESTAS

 Ola, 

O alumnado de sexto que organizou a festa de nadal xunto coas nais e pais en colaboración co ANPA. IMAXINA e MANDARINA quere agradecer a todos os asistentes a magnífica participación e colaboración.

Moitas grazas por vir e esperámosvos para a próxima!!





MANDARINA