Bo día,
Queremos compartirvos a seguinte informa que nos facilitan.
Dende a Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo queremos convidarvos ao próximo Obradoiro de Autoestima e Resolución de Conflictos, que se celebrará os luns dende o 21 de marzo ao 16 de maio, en horario de 10h a 13h no Salón de Actos do Centro Cívico Casco Vello (Rúa Oliva, 12).
Se queredes participar, contactade respondendo a este correo electrónico cos vosos datos persoais (nome e apelidos, DNI, nº de teléfono, e-mail) ou chamando aos números 986 222 328 / 670 453 431. Prazas limitadas!
Adxuntamos tamén o cartaz e o calendario do obradoiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario