
Bos días familias, no enlace atoparedes o horario definitivo de actividades extraescolares para este curso escolar.
https://drive.google.com/file/d/14smezEShWNhLU1_s6lEFywZRZqeUSE4B/view?usp=sharing
Lembrade que as inscricións e as baixas deben presentarse antes do día 20 de cada mes.
As cotas de danza moderna, ximnasia rítmica, patinaxe e fútbol sala deben pagarse á Asociación de Pais e Nais (ANPA). O pago pódese facer en efectivo na oficina da ANPA ou por transferencia bancaria á conta número ES34 2080 5087 6930 4000 0700. Enviade o xustificante de pago a lopedevegaanpa@gmail.com.
Grazas a todos.

Informámosvos que debido a unha mala comunicación por parte da piscina connosco fíxose a cobranza das piscinas polo importe de 33,40€. Que en realidade o prezo que tiñan para o primeiro cuadrimestre do ano pasado (Outubro 25 - Xaneiro 26).
Pero en realidade o prezo que debía ser é de 34,80€, que corresponde ao último cuadrimestre (Febreiro 26 - Mayo 26). Polo cal necesitamos que as familias que pagasen o importe de 33,40€, realicen o pago pola diferenza que é de 1,40€.
Lamentamos o inconveniente, pero ao parecer adoitan facer estes axustes de prezos para o 2do cuadrimestre. Se algunha persoa ten dúbidas, deixamos o documento enviado polas piscinas onde se aclara o prezo actual das mesmas:
https://drive.google.com/file/d/1ExoKIhz1hFLhAALvcSsuL_JQeB3HQUhJ/view?usp=sharing
O pago poden facelo por transferencia ou en persoa no local do ANPA.
Moitas grazas
Estimadas familias:
Informámosvos da listaxe definitiva das actividades extraescolares que saíron adiante e estarán activas durante este curso.
Acrobacia
Baloncesto
Deseño de videoxogos
Robótica Lego
Baile moderno
Patinaxe
Ximnasia rítmica
Fútbol sala
Xudo
Cociña
Inglés Trinity
Teatro
Fútbol (grupo de maiores): Só se abrirá os xoves, xa que para os luns non hai alumnos/as suficientes.
Jumping Clay e Pintura: Atópanse aínda en revisión. A empresa xestora ten os contactos das familias interesadas para coordinar se se poden fusionar as dúas actividades nun único día, ao non acadar o mínimo por separado.
Béisbol e Robótica: Finalmente non se abrirá este curso por non acadar o número mínimo de inscricións.
MOY IMPORTANTE: Para novas inscricións só recibiremos ata hoxe (25/09/2026) por correo electrónico e para cambios de actividade polo peche de béisbol, robótica e fútbol (os luns) ata o martes. Xa que debemos pasarlle ao cole a listaxe completa dos nenos que quedarán nas actividades.
Data de inicio: As actividades comezarán o xoves 1 de outubro.
Forma de pagamento: As actividades de Baile, Ximnasia rítmica, Patinaxe e Fútbol sala deben pagarse directamente á ANPA. Pódese realizar o pagamento en efectivo no local ou por transferencia bancaria á seguinte conta: ES34 2080 5087 6930 4000 0700
Xustificante de pagamento: Debedes enviar o xustificante do pagamento ao noso correo lopedevegaanpa@gmail.com. No asunto do correo debedes indicar: Nome completo do alumno/a - Nome da actividade.
Moitas grazas pola vosa colaboración. Se tedes calquera dúbida, podedes contactar con nos a través do correo ou no local da ANPA.
Un saúdo cordial,
ANPA Lope de Vega
Ola familias!!! 👋🏻

Saúdos!!

A aula madruga está deseñada a poder conciliar a vida laboral e familiar. O servizo de madrugadores non só ten unha función conciliadora, dende imaxina tamén o entendemos como un espazo pedagóxico, por iso, desenrólanse diferentes actividades como: Animación a lectura , comprensión lectora e amor polos libros, adquisición de hábitos saudables, traballamos a motricidade fina a través de actividades como manualidades, creación de distintos xogos e fomentamos o deporte .
Ola familias!!! 👋🏻
O vindeiro venres 11 podedes inscribir os vosos fillos na oficina da Asociación de Pais e Nais a partir das 9:30 h. A inscrición farase por orde de chegada ata cubrir todas as prazas.
Unha vez asignada a praza, podedes facer o pago á Asociación de Pais e Nais, xa sexa por transferencia bancaria (enviade o xustificante de pago ao enderezo de correo electrónico facilitado) ou en efectivo.
A cota do trimestre é de 33,40 €.
Os días e horarios dispoñibles para a piscina son:
| O CARMEN | LAVADORES |
| LUNS - 16:45 h | LUNS - 16:45 |
| MARTES - 16:00 h | MARTES - 16:45 |
| MARTES - 16:45 h | MÉRCORES - 16:45 |
| MÉRCORES - 16:45 h | VENRES - 16:45 |
| VENRES - 16:45 h |

Saúdos!!
Boa tarde familias,
Debido a un cambio de monitor de fútbol sala, cómpre corrixir un dos días nos que se desenvolve a actividade para o grupo de maior idade.
La actividad pasará de Martes a Lunes, en el mismo horario.
Y además, decirles que si desean apuntar a los niños dos días a la semana el precio al mes será de 30€ (desconto mensual de 4€).
Adjuntamos nuevamente el calendario de actividades

Enlace directo:
https://drive.google.com/file/d/13APQ1E81WVF1n6OOUZBXSIN65FqIxcdV/view?usp=drive_link
Ola familias!!👋🏻👋🏻
A continuación, actualizamos o calendario de actividades extraescolares para o curso escolar 2026-2027:
Comezan o día 1 🗓️ de outubro...
Queremos informarvos de que houbo cambio de adestrador/a de fútbol por vosa solicitude (o custo desta actividade seguirá sendo o mesmo).
Esperamos verte alí.
Saúdos!!
Boas tardes, familias,
Hai un par de días, actualizouse a aplicación, incluíndo melloras. Por iso, as familias non viron a notificación que lles enviamos e pedimos desculpas por iso.
Como todos sabemos, temos que volver rexistrarnos antes do comezo do novo curso escolar, polo que podedes facelo a partir de hoxe se o desexades.
É moi importante que selecciones a opción "Rexistrarse como novo membro". Non importa se xa eras membro en anos anteriores.
Todo xerarase desde cero e recibirás novos números de membro.
Unha das vantaxes deste cambio é que podedes subir o voso recibo de pago por transferencia bancaria directamente á aplicación. Verificaremos que sexa correcto e rexistrarémosvos canto antes.
Aqueles que desexen pagar en efectivo tamén deben rexistrarse na aplicación, pero deben ir á oficina da ANPA a partir do 2 de setembro para facer o pago alí. Rexistrarémosvos como membros na oficina.
O número de conta é: ES34 2080 5087 693 04000 0700
Informarémosvos das novas funcionalidades da aplicación máis tarde.
Que teñades un bo fin de semana a todos.
ANPA Lope de Vega

Ola familias!!👋🏻
Dende a Anpa queremos darvos as gracias 🫂 pola vosa colaboración o día da festa de fin de curso.

A Anpa do Lope de Vega colabora co Banco de Alimentos de Vigo con 268 kg de alimentos...
Moitas grazas!!!🫂❤️💛💙
Ola familias!!👋🏻

Grazas!!
Ola familias!!!👋🏻
O vindeiro día 12 de maio teremos a derradeira charla para Nais e Pais que a Anpa organiza este curso....
É un faladoiro sobre Menores Conectados.

Para poder asistir é necesario mandar un mail a lopedevegaanpa@gmail.com ou a través do teléfono 698164310.
Agardámosvos!!! 🫂
Ola familias!!!!👋🏻
Xa temos noticias sobre o Campamento de Verán do Lope de Vega!!!

A continuación, deixamos o enlace da inscrición do campamento onde atoparedes toda a información sobre o mesmo, así como as tarifas:
Calquera dúbida, contactade con Imaxina no teléfono de contacto 644731093 ou no mail info@imaxina.net.
Grazas e saúdos.
Ola familias!!👋🏻
O venres 10 de abril as 17:00 horas pasaremos unha tarde moi divertida na Festa da Primavera 🌺 organizada polo alumnado de sexto.

A recaudación será para a excursión do alumnado de sexto.
Agardámosvos!!!!
Ola familias!!!!👋🏻
Este ano voltamos ás Illas Cíes....🏝️🌅☀️
Será o día 7 de xuño.... Tendes toda a info abaixo!!!!
Os datos necesarios son os seguintes:
- Nome e apelidos, número de DNI e data de nacemento de todas as persoas.
- Teléfono de contacto.
Para facer o pago, pode ser:
- Presencial no local.
- Vía mail, sendo necesario enviar o xustificante de pago ó mail.
Agardámosvos!!!
Ola familias!! 👋🏻
Onte tivemos a derradeira charla para Nais e Pais sobre Autoestima 🫶🏻🩷 organizada polo departamento de drogodependencia do Concello.
O coloquio estivo moi interesante, falamos de experiencias persoais e levamos anotadas moitas ferramentas para empregar cos nosos fillos e fillas.

A charla foi levada a cabo pola asociación Érguete.
Moitas grazas ás persoas que tiveron un anaco para asistir....🫂
Ola familias!!👋🏻
Queremos compartir con vós o video que fixemos a Anpa xunto ca dirección do Lope de Vega.
O curso pasado, en conmemoración do premio que tivo o centro por parte do Concello de Vigo, como Vigueses Distinguidos....xurdiu a idea de que todo o alumnado do cole, cantara o Himno do Celta de Vigo, Oliveira dos Cen anos, no patio da escola.
Despois de moito esforzo e de molestar a unhas cantas persoas...puidémolo facer...e queremos compartilo con todos vós...
A continuación, deixamos a ligazón do video👇🏻:
Saúdos!! 🫂
Ola familias!!👋🏻
Esta tarde tivemos o charla para nais e pais sobre Resolución de Conflictos, impartida pola asociación Érguete.
Creo que foi moi interesante e aprendimos moitas ferramentas para traballar nas situacións que temos no día a dia cos nosos fillos...🤯

Grazas pola asistencia!!!🫂
Saúdos,