xoves, 15 de outubro de 2026

6to Primaria - Actualización e correccións nas normas da excursión

 Estimadas familias:

Informámosvos de varias correccións e aclaracións relativas á organización da excursión:

  • Perfumes: Engadiuse información específica sobre os perfumes ás normas da excursión.
  • Pedidos e pagamentos aos provedores: Os pedidos e os pagamentos aos provedores Luicar e El Patriarca deberán realizarse directamente a través das súas respectivas páxinas web, aboando o importe directamente a cada un deles.
  • Entregas dos venres: As entregas realizaranse os venres pola tarde, en lugar de pola mañá.
  • Prezo da viaxe: Tal e como se aclarou na reunión de onte, o prezo facilitado pola axencia non inclúe as entradas para o musical O Rei León. Recibiremos o prezo final nas vindeiras semanas.
  • Achega adicional: Para cubrir a compra das camisetas, as entradas ao Museo do Prado e a reserva do autobús, estamos solicitando unha achega adicional de 120 €. Con esta cantidade adicional, o custo total estimado da viaxe será de aproximadamente 650 € por persoa.

Adxuntamos a ligazón ao novo documento para a súa revisión e aprobación. https://drive.google.com/file/d/14FWeVWJwk2qzUHwnxj-cMxGLwT4vA588/view?usp=sharing

Agradecémosvos a vosa comprensión e colaboración. Por favor, tede en conta estas modificacións para a correcta organización da excursión.

Moitas grazas a todos!




INFORMACIÓN SOBRE LA REUNIÓN Y LA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

 Boas tardes, familias!

Queremos compartir con todos vós un pequeno resumo dos temas tratados na reunión de onte.

1. Destino da excursión

Despois de valorar as distintas opcións, o destino elixido por maioría de votos foi Madrid, cun resultado de 24 votos a favor e 6 en contra.

2. Venda de produtos de alimentación de Nadal

Lembrámosvos que seguimos contando cos nosos provedores habituais, Luicar e El Patriarca, cos que podemos colaborar na venda de produtos típicos do Nadal, como roscas, bombóns, bicas galegas, calendarios de Advento e mantecados, entre outros.

3. Venda de perfumes

Como novidade deste ano, tamén temos a opción de vender perfumes. A venda poderá continuar ata un mes antes da excursión e o beneficio é do 50 %. Hai unha gran variedade de fragrancias dispoñibles, polo que é unha boa oportunidade para seguir recadando fondos.

4. Lotería de Nadal

Como todos os anos, tamén contamos coa venda de lotería, que sempre foi unha das mellores opcións para recadar fondos para a excursión.

O número deste ano é o 47171. Animámosvos a colaborar coa súa venda e difusión!

5. Entrega da ficha de inscrición

Por último, todas as familias que non puideron asistir á reunión e aquelas que, tendo asistido, desexen que os seus fillos e fillas participen na excursión, deberán cubrir a ficha que atoparedes na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1sb8F0WmabK4KL5nddArX269YYWFHmYnQ/view?usp=sharing

Unha vez cuberta, será necesario entregala en formato físico no local do ANPA ou depositala na súa caixa de correo.

O pago da inscrición poderá realizarse presencialmente no local do ANPA ou mediante transferencia bancaria á seguinte conta: IBAN: ES34 2080 5087 6930 4000 0700

Agradecemos moito a vosa colaboración e implicación. Entre todos e todas, esperamos conseguir que os nenos e nenas poidan gozar dunha excursión inesquecible!

Moitas grazas pola vosa axuda! 😊




venres, 9 de outubro de 2026

Comedor outubro

 


Extraescolares - Calendario Final

 Bos días familias, no enlace atoparedes o horario definitivo de actividades extraescolares para este curso escolar.

https://drive.google.com/file/d/14smezEShWNhLU1_s6lEFywZRZqeUSE4B/view?usp=sharing

Lembrade que as inscricións e as baixas deben presentarse antes do día 20 de cada mes.

As cotas de danza moderna, ximnasia rítmica, patinaxe e fútbol sala deben pagarse á Asociación de Pais e Nais (ANPA). O pago pódese facer en efectivo na oficina da ANPA ou por transferencia bancaria á conta número ES34 2080 5087 6930 4000 0700. Enviade o xustificante de pago a lopedevegaanpa@gmail.com.

Grazas a todos.

 

Diferenza pago piscinas Travesas y Lavadores


 Ola familias,

Informámosvos que debido a unha mala comunicación por parte da piscina connosco fíxose a cobranza das piscinas polo importe de 33,40€. Que en realidade o prezo que tiñan para o primeiro cuadrimestre do ano pasado (Outubro 25 - Xaneiro 26).

Pero en realidade o prezo que debía ser é de 34,80€, que corresponde ao último cuadrimestre (Febreiro 26 - Mayo 26). Polo cal necesitamos que as familias que pagasen o importe de 33,40€, realicen o pago pola diferenza que é de 1,40€.

Lamentamos o inconveniente, pero ao parecer adoitan facer estes axustes de prezos para o 2do cuadrimestre. Se algunha persoa ten dúbidas, deixamos o documento enviado polas piscinas onde se aclara o prezo actual das mesmas:

https://drive.google.com/file/d/1ExoKIhz1hFLhAALvcSsuL_JQeB3HQUhJ/view?usp=sharing

O pago poden facelo por transferencia ou en persoa no local do ANPA.

Moitas grazas

venres, 25 de setembro de 2026

Actividades extraescolares - Lista definitiva




Estimadas familias:

Informámosvos da listaxe definitiva das actividades extraescolares que saíron adiante e estarán activas durante este curso.

Actividades confirmadas:

  • Acrobacia

  • Baloncesto

  • Deseño de videoxogos

  • Robótica Lego

  • Baile moderno

  • Patinaxe

  • Ximnasia rítmica

  • Fútbol sala

  • Xudo

  • Cociña

  • Inglés Trinity

  • Teatro

Observacións importantes sobre outras actividades:

  • Fútbol (grupo de maiores): Só se abrirá os xoves, xa que para os luns non hai alumnos/as suficientes.

  • Jumping Clay e Pintura: Atópanse aínda en revisión. A empresa xestora ten os contactos das familias interesadas para coordinar se se poden fusionar as dúas actividades nun único día, ao non acadar o mínimo por separado.

  • Béisbol e Robótica: Finalmente non se abrirá este curso por non acadar o número mínimo de inscricións.

MOY IMPORTANTE:  Para novas inscricións só recibiremos ata hoxe (25/09/2026) por correo electrónico e para cambios de actividade polo peche de béisbol, robótica e fútbol (os luns) ata o martes. Xa que debemos pasarlle ao cole a listaxe completa dos nenos que quedarán nas actividades.

Inicio e información sobre o pagamento:

  • Data de inicio: As actividades comezarán o xoves 1 de outubro.

  • Forma de pagamento: As actividades de Baile, Ximnasia rítmica, Patinaxe e Fútbol sala deben pagarse directamente á ANPA. Pódese realizar o pagamento en efectivo no local ou por transferencia bancaria á seguinte conta: ES34 2080 5087 6930 4000 0700

  • Xustificante de pagamento: Debedes enviar o xustificante do pagamento ao noso correo lopedevegaanpa@gmail.com. No asunto do correo debedes indicar: Nome completo do alumno/a - Nome da actividade.

Moitas grazas pola vosa colaboración. Se tedes calquera dúbida, podedes contactar con nos a través do correo ou no local da ANPA.

Un saúdo cordial,

ANPA Lope de Vega

martes, 15 de setembro de 2026