venres, 26 de xaneiro de 2024

Campamento do Entroido



ANPA 2024 - 2026: Nova xunta

Ola familias!!!

Este ano acaba a nosa etapa no ANPA e toca dar substitución...polo momento non hai persoas suficientes para hafer un novo equipo.

O ANPA xestiona actividades extraescolares, madrugadores, excursión de sexto, festas, obradoiros, campamentos vacacionais, viaxe a Cíes, entre outras cousas...

Animámosvos a formar parte do equipo que estea o próximo ano. É polo ben de nosos peques!!

Grazas!!! E non nos esquezamos do importante...o alumnado do Lope de Vega.

mércores, 24 de xaneiro de 2024

MOCHILA JUGONA VIAXEIRA

 Ola familias!!!

A MOCHILA JUGONA VIAXERA  chega ao Lope de Vega.

Tratase dunha mochila con diferentes xogos que cada semana se irase a casa dalgún intrépido xogador.....

Se queredes saber máis....contactar con Sara (646872540).

Deixámosvos máis información no documento adxunto.

Un saúdo.




luns, 22 de xaneiro de 2024

Xogos de Mesa en Familia



Taller: Planetario - "Navegando polo Universo"

Bos días,

Desde o Anpa e coa colaboración do colexio, organizamos un taller para os alumnos de segundo de primaria.

O taller subvencionnouse coa axuda de Foanpas.

Esperamos que o gozaran!!!

Un saúdo familias.


mércores, 17 de xaneiro de 2024

JUDO Y PATINAXE

Ola familias!!!

Lembrámosvos que nas nosas instalacións temos traxes e cintos de judo y patíns á vosa disposición, como préstamo.

Tamén se admiten doazóns!!!!

Graciñas.

xoves, 11 de xaneiro de 2024

LIGA NATACIÓN ESCOLAR 2023-2024

Ola Familia,

Convidámosvos a participar na liga de natación escolar deste curso. 

A primeira xornada celebrarase o 28 de Xaneiro 2024, e o último día de inscripción será o día 19 de Xaneiro 2024. 

As persoas interesadas poden pasarse pola oficina do Anpa ou ponerse en contacto co número de teléfono de Anpa: 698164310. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

IMOS LOPE!!!!

RENOVACIÓN PISCINAS 2° CUADRIMESTRE 2024

Estimadas familias queremos lembrarlles que se abre prazo para a renovación ou inscrición, no caso de que houbese prazas, das piscinas municipais de Lavadores, Travesas e para o Náutico.

Último día de renovación ou inscripción é o 16 de Xaneiro.

A renovación pódese facer mediante transferencia ao noso número de conta: ES34 2080 5087 6930 4000 0700 ó presencialmente no noso local.

As piscinas municipais custan 32,20 € y el Náutico 70 €.

mércores, 10 de xaneiro de 2024

PREMIO LOTERIA DE NADAL

 Ola Familias,

O premio da loteria de Nadal cóbrase na "Administración nº: 25" - C/ Pizarro, nº 81 - Vigo.

Tal como indícanse nas participacións

Un saúdo.

martes, 9 de xaneiro de 2024

TALLER DE MAXIA

Ola familias, aquí vos deixamos unhas fotos do obradoiro de maxia que lles ofrecemos ás nenas e nenos de infantil e primeiro de primaria. Este obradoiro foi financiado pola ANPA gracias a unha subvención de FOANPAS.


Maxia na Manga



domingo, 7 de xaneiro de 2024

FESTAS

 Ola, 

O alumnado de sexto que organizou a festa de nadal xunto coas nais e pais en colaboración co ANPA. IMAXINA e MANDARINA quere agradecer a todos os asistentes a magnífica participación e colaboración.

Moitas grazas por vir e esperámosvos para a próxima!!





MANDARINA