xoves, 3 de setembro de 2026

🔔 Actualización Actividades Extraescolares Curso 26-27

Ola familias!!👋🏻👋🏻

A continuación, actualizamos o calendario de actividades extraescolares para o curso escolar 2026-2027: 


Comezan o día 1 🗓️ de outubro...

📍 Informámosvos que a data límite para darse de baixa nas actividades extraescolares será o día 20 do mes anterior. 

📍 A partir desa data deberá efectuarse o pagamento do mes seguinte.

📍Para inscribirse nunha nova actividade debe poñerse en contacto ca ANPA antes do día 20 de cada mes.

📍Tamén é necesario informar a Anpa de cualquiera baixa, a poder ser vía mail, cos datos do alumno e o nome da actividade.

📍O alumnado comezará a actividade, sempre e cando sexa posible, o mes seguinte.

📍Se se debe unha mensualidade de algunha actividade extraescolar, o alumnado será dado de baixa para o mes seguinte e non poderá asistir á actividade.

Queremos informarvos de que houbo cambio de adestrador/a de fútbol por vosa solicitude (o custo desta actividade seguirá sendo o mesmo). 

Esperamos verte alí.

Saúdos!!