luns, 28 de febreiro de 2022

RECETAS DE COCIÑA DE MARZO

 Bos días,


Achegámosvos as receitas de cociña que faredes durante o mes de Marzo

Un saúdo.

RECEITA DE INFANTIL



RECEITA DE PRIMARIA


xoves, 24 de febreiro de 2022

Faladoiro Fiando Redes 24/03/2022

Boa tarde,
Achegámoslle O programa "Fiando redes"  EscapeRoom da Igualdade que ten por obxecto fomentar o asociacionismo feminino e o empoderamento das mulleres, e así favorecer a súa socialización con outras do seu contorno, celebrarase o vindeiro día 24 de
marzo de 2022 no horario de 17:00 - 19:00 horas e terá lugar  na Sala Rosalía, Rúa EduardoChao 17 Sede Deputación Vigo

Anímate a participar e sumérxete nesta aventura na que coñeceremos máis sobre as mulleres na historia, os mecanismos da violencia de xénero ou os piares das relacións saudables.
Contacta con nos para a inscripción e obter máis información.



Un saúdo e moitas grazas.

luns, 21 de febreiro de 2022

Excursión con Divertos del 28 de Febrero al 2 de Marzo. Últimas plazas.





Última semana!!!
Quedan solo 9 días para irnos y aún quedan unas pocas plazas, aprovechad y no perdáis esta oportunidad inolvidable 😜🧡 



venres, 18 de febreiro de 2022

xoves, 17 de febreiro de 2022

X CONCURSO DE RELATOS, MUSEO LISTE - ETNOGRÁFICO DE VIGO 2022

Ola, 
Boas tardes;

Os deixámosvos a continuación a información que acabamos de recibir.




xoves, 10 de febreiro de 2022

CURSO DE AUGA DOCE

Ola, 
Bos dias, 

Deixámosvos a continuación unha ligazón dirixida ao curso de formación para perfeccionar o galego.

Grazas anticipadas.
Nesta ligazón está (incluído o cartel) toda a información: curso



mércores, 9 de febreiro de 2022

CAMBIO NA DATA DA ENAPA SOBRE IGUALDADE

Boas tardes,

Por motivos persoais da relatora, vémonos na obriga de cambiar a data da nosa próxima ENAPA. Será o VENRES 18 DE FEBREIRO, no mesmo horario, de 17:30 a 19:30.

Sentimos moito as molestias que vos poida causar este cambio.

As persoas que xa están inscritas non teñen que volver a facelo. Simplemente agradecemos que avisen se non poden asistir o venres.

Atentamente, o equipo das ENAPAS. 

luns, 7 de febreiro de 2022

EDUCAR EN IGUALDADE. Cristina Rodríguez

Ola, 

Buenos días:

Chegounos esta información da ANPA do CEIP Valle Inclán, para quen lle interese.

Será o próximo luns 14 de febreiro de 2022, de 17:30 a 19:30.


Correrá a cargo de Cristina Rodríguez Ramos, politóloga experta en políticas de igualdade e na prevención e intervención en violencia contra as mulleres.  Actualmente está impartindo os Obradoiros de Igualdade con todo o alumnado do noso centro.
Imparte formación en igualdade e prevención das violencias machistas en distintos sectores sociais: asociacións, grupos profesionais (policía, empresariado, profesionais dos ámbitos sociais e educativos, monitorado de campamentos...), centros de ensino, ANPAS, estudantado...
É dinamizadora da Escola de Empoderamento da Casa das Mulleres, e comunicadora e relatora en distintas Xornadas e Conferencias sobre Igualdade e Violencias Machistas.

Na charla trataremos aspectos básicos sobre:
  • A socialización diferencial entre nenos e nenas e os seus principais axentes: familias, escolas e medios de comunicación/novas tecnoloxías.
  • A incidencia e consecuencias da socialización diferencial.
  • A importancia da educación afectivo-emocional.
  • Recursos para educar en igualdade.


Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.

 

E sen máis despedímonos agardando vervos o luns día 14.

                                                                        

xoves, 3 de febreiro de 2022

XORNADA A IMPORTANCIA DE VIVIR EN FAMILIA.

Ola, 
Bos días,

FOANPAS, en colaboración co programa En familia, organizamos a xornada formativa "A IMPORTANCIA DE VIVIR EN FAMILIA. AS NENAS, NENOS E ADOLESCENTES NO SISTEMA DE PROTECCIÓN Á INFANCIA".

Será o vindeiro SÁBADO 5 de FEBREIRO 2022 ás 9:30h no Verbum Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17 - Vigo).

Contaremos con persoas expertas en infancia e no sistema de protección , con testemuños en primeira persoa e presentarase o programa "En familia. Experiencias familiares de referencia". Contaremos cun espazo para crianzas (de 3 a 12 anos previa inscrición).

As prazas son limitadas e hai que anotarse no seguinte enlace:  https://forms.gle/GhJGeZf98txYKfcW8

Máis información no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com

Agardamos sexa do voso interese e pregamos compartades esta información coa comunidade educativa do voso centro.

Un sáudo.
A Xunta Directiva de FOANPAS.

martes, 1 de febreiro de 2022

RECETAS DE COCIÑA DE FEBREIRO

Bos días,

Achegámosvos as receitas de cociña que faredes durante o mes de Febreiro

Un saúdo.

RECEITA DE INFANTIL



RECEITA DE PRIMARIA