mércores, 27 de marzo de 2024

GALA VIGUESES DISTINGUIDOS 2024

 Ola familias!!

Onte tivemos a sorte de estar presentes na gala de Vigueses Distinguidos 2024, que tivo lugar no teatro García Barbón.  

O concello de Vigo entregou ao noso colexio, o CEIP Lope de Vega, a distinción de Vigués Dintinguido por cumprir 50 anos. 

Alí estivo o noso director, Elías, xunto con outros membros do consello escolar, a Anpa e o alumnado.

Saudos!!

luns, 25 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

 Bos días familias,

Dende a ANPA e coa colaboración do colexio, organizamos un obradoiro para o alumnado de 3º de primaria.

O obradoiro foi subvencionado coa axuda de Foanpas.

Agardamos que vos gustase.

Saúdo            
   

                                                                                                             


xoves, 21 de marzo de 2024

OBRADOIRO ECOPERCUSION

Bos días familias,

Dende a ANPA e coa colaboración do colexio, organizamos un obradoiro para o alumnado de 6º de primaria.

O obradoiro foi subvencionado coa axuda de Foampas.

Agardamos que vos gustase.

Saúdo




sábado, 16 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE HAMA BEADS

 Ola Familias!!

Moitas grazas pola acollida do obradoiro que fixemos onte.

A verdade é que foi todo un éxito...e a ​​proba foi a asistencia e a gran ilusión do alumnado...aquí van algúns momentos.

Tamén queremos agradecer a "meu_gato_negro" o seu tempo e colaboración.

Saúdos,

domingo, 10 de marzo de 2024

RECORDATORIO: OBRADOIRO DE HAMA BEADS

 Ola familias!!!!

Recordade que o xoves 14 de marzo as 17 h temos un obradoiro para facer un chaveiro!!!

Non quedes sen plaza!!!

Un saudo,


domingo, 3 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE HAMA BEADS

 Ola familias!!  

O vindeiro 14 de marzo temos na escola un obradoiro moi chulo sobre a técnica de Hama beads!!!

Para os que non saibades de que se trata, aquí vos deixamos un vídeo. Agardámosvos!!!  


Inscripcion

Apertas,

venres, 1 de marzo de 2024

2ª Jornada Liga Natación Escolar

Ola familias!! 

O día 17 de marzo disfrutaremos da segunda xornada da Liga de Natación desta tempada.

Lembrade que os participantes novos deben ser inscritos antes do luns 11 de marzo.

Os participantes inscritos na primeira xornada, coma sempre, xa están inscritos para esta e para a seguinte.

Animádevos a participar!!

Un saúdo.

--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767