venres, 14 de xaneiro de 2022

PROGRAMACION DE ACTIVIDADES NA CASA DAS MULLERES: XANEIRO - XUÑO 2022

Bos días: 

Estimadas familias a continuación tendes a información sobre todas as actividades na casa das mulleres. Esperamos que sexa do voso intereses.

Un saudo.

Programación de actividades na Casa das Mulleres: xaneiro-xuño 2022:

Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán (en formato virtual e/ou presencial con grupos reducidos) na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20).

OBRADOIRO "FALAMOS?"
  • Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.

  • Formadora: Marián Priego Rodríguez del Val.

  • Obxectivos:

    • Mellorar a comunicación, tanto oral como corporal.

    • Facer que nos sintamos cómodas e fluídas á hora de interactuar con outras persoas.

  • Contidos:

    • Dicción.

    • Expresividade oral e xestual.

    • Teatro lido.

    • Poesía.

    • Dramatización de textos.

    • Medo escénico.

    • Improvisación.

    • Faladoiros en grupos.

  • Formato: presencial, con grupo reducido

  • Temporalización:

    • Duración: 10 sesións. 20 horas.

    • Datas: mércores, do 2 de febreiro ata o 6 de abril.

    • Horario: de 18:00 a 20:00.

  • Inscrición e participación na actividade:

    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición)

    • Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada e cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á Covid-19.


ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE

  • Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.

  • Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.

  • Obxectivos:

    • Crear un espazo para o debate, aprendizaxe, reflexión e intercambio de experiencias das participantes. 

    • Promover unha comunicación libre de xuízos e prexuízos, onde as mulleres atoparán un clima de confianza no que poderán expresarse e comentar, desde o enfoque de xénero, temas de interese e actualidade, co fomento da súa participación social.

    • Propiciar a sororidade, tecendo redes de apoio e solidariedade entre as participantes.

  • Formato: presencial, con grupo reducido.

  • Temporalización:

    • Duración: 10 sesións. 15 horas. Incorporación aberta durante o período de actividade (ata cubrir prazas).

    • Horario: de 18:00 a 19:30.

    • Quenda 1: xoves, do 27 de xaneiro ata o 31 de marzo.

    • Quenda 2: xoves, do 21 de abril ata o 23 de xuño

  • Inscrición e participación na actividade:

    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición)

    • Grupos con prazas limitadas


OBRADOIRO "CREATIVIDADE COTIÁ: DESPERTAR A CREATIVIDADE QUE HAI EN TI"

  • Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.

  • Formadora: Graciela Baquero Ruibal

  • Obxectivos: recoñecer os nosos dons (o tesouro que levamos dentro), coñecer e usar o cotián como campo de creación, superar o medo ao fracaso.

  • Descrición: A través deste obradoiro intentaremos converter o noso mundo cotián (a nosas historias, os obxectos que nos rodean e as tarefas que facemos diariamente) en ARTE. Arte na amplitude da palabra (escritura, pintura, canto, baile, actuacións, etc. Traballar a actitude creativa, espertar a nosa creatividade para poder transmitir o que queremos dicir.

  • Contidos:

    • Presentarnos: facernos presentes

    • A actitude creativa: técnicas de desbloqueo

    • O "non sei" xerador.

    • A atención. A arte da escoita

    • Cicatrices: recoñecer a beleza do noso propio corpo

    • O misterio: material de emoción.

    • Recoñecernos no traballo das nosas ancestras.

    • A comunicación: crear redes de emoción e coñecemento.

  • Formato: presencial, con grupo reducido

  • Temporalización:

    • Duración: 20 horas en 10 sesións.

    • Datas: martes, do 1 de febreiro ao 5 de abril.

    • Horario: de 18:00 a 20:00 .

  • Inscrición e participación na actividade:

    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición)

    • Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada e cumprir coa normativa interna en relación á prevención sanitaria fronte á COVID-19


OBRADOIRO "COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS"

  • Destinado a: mulleres maiores de 18 anos con coñecementos informáticos básicos.

  • Formadora: Uxía Cazorla Silva.

  • Obxectivos:

    • Proporcionar as habilidades básicas para o manexo de dispositivos dixitais e o acceso á administración electrónica.

  • Contidos:

    • a) Móbil, tablet e/ou portátil: uso básico de sistema operativo e de actualización do dispositivo; acceso a internet a través de wifi e/ou datos; aplicacións básicas como correo electrónico e whatsapp.

    • b) Administración electrónica: identidade dixital (alta, certificados dixitais); xestións administrativas electrónicas: sede electrónica de distintas administracións, carpeta cidadá, notificacións electrónicas, certificados electrónicos, etc

  • Formato: presencial, con grupo reducido

  • Temporalización:

    • Duración: 10 sesións. 20 horas.

    • Datas: xoves, do 3 de febreiro ata o 7 de abril.

    • Horario: de 18:30 a 20:30 .

  • Inscrición e participación na actividade:

    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición)

    • Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada e cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á Covid-19.


CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS (en liña, 26 horas, febreiro 2022)

  • Destinado a: homes e mulleres maiores de 18 anos con perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.

  • Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en xénero e igualdade de oportunidades

  • Obxectivo: facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo cotián dentro dos eidos social e educativo.

  • Contidos:

    • Introdución á perspectiva de xénero. Consecuencias da socialización diferenciada

    • A transversalidade aplicada ao ámbito social e da educación: a coeducación.

    • Elementos clave para a planificación coeducativa: a comunicación (linguaxe e imaxes), materiais didácticos, habilidades sociais.

    • Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista. Como intervir ante un posible caso.

  • Metodoloxía en liña: 26 horas soportada sobre Google Classromm e Google Meet (enviarase procedemento a cada persoa inscrita). As sesións teóricas supoñen unha carga lectiva de 18 horas e consistirán en exposicións dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos e chat coa docente. As 8 horas restantes corresponderanse con traballos individuais (a subir á plataforma) relacionados cos temas tratados.

  • Calendario: 6 sesións online: 14, 15, 16, 21, 22 e 23 de febreiro. De 18:00 a 21:00 .

  • Acreditación: Entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obter este diploma, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80%, así como unha cualificación de apta. A avaliación comprenderá tres aspectos: asistencia, probas teóricas e prácticas realizadas e actitude participativa e respectuosa.

  • Inscrición e participación na actividade:

    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición)

    • Grupos con prazas limitadas


CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO LIBRE 

(en liña, 26 horas, maio-xuño 2022)
  • Destinado a: monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.

  • Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en xénero e igualdade de oportunidades

  • Obxectivo: facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo n eidos da animación sociocultural e do tempo libre.

  • Contidos:

    • Introdución á perspectiva de xénero. Socialización de xénero e as súas consecuencias.

    • A transversalidade aplicada ao ámbito do tempo libre: a coeducación.

    • Elementos clave para a planificación coeducativa no tempo libre.

    • Prevención da violencia machista.

  • Metodoloxía en liña: 26 horas soportada sobre Google Classromm e Google Meet (enviarase procedemento a cada persoa inscrita). As sesións teóricas supoñen unha carga lectiva de 18 horas e consistirán na exposicións dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos e chat coa docente. As 8 horas restantes corresponderanse con traballos individuais (a subir á plataforma) relacionados cos temas tratados.

  • Calendario: 6 sesións online: 23, 24, 25, 30 e 31 de maio e 1 de xuño. De 18:00 a 21:00 .

  • Acreditación: Entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obter este diploma, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80%, así como unha cualificación de apta. A avaliación comprenderá tres aspectos: asistencia, probas teóricas e prácticas realizadas e actitude participativa e respectuosa.

  • Inscrición e participación na actividade:

    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición)

    • Grupos con prazas limitadas


Proceso de inscrición para todas as actividades formativas:

  • Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

  • Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (DESCARGAR, formato editable). O Curso de formación en igualdade para profesionais (DESCARGAR, formato editable) e o Curso de formación en igualdade para monitorado de ocio e tempo libre e animación sociocultural (DESCARGAR, formato editable).

  • Presentación da Ficha de inscrición: Enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org

No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.

Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia. Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Prazas limitadas.

Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con grupos reducidos e aforo limitado e que as persoas inscritas aceptan cumprir coa normativa interna en relación a prevención sanitaria fronte á Covid-19.

  • Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono


Arquivos para descargar: 

  • Cartel coa programación das actividades (DESCARGAR PDF)

  • Ficha de inscrición xeral (DESCARGAR, formato editable)

  • Ficha de inscrición específica para o Curso de formación en igualdade para profesionais (DESCARGAR, formato editable) e o Curso de formación en igualdade para monitorado de ocio e tempo libre e animación sociocultural (DESCARGAR, formato editable).


Protocolo Covid-19:

  • Pola seguridade das usuarias e persoal da Casa das Mulleres tense aplicado un protocolo en virtude do cal todas as participantes aceptan o uso correcto e permanente da máscara, a desinfección de mans, a medición de temperatura, o distanciamento de seguridade entre as participantes e a redución dos aforos.

  • Deberanse respectar as normas de funcionamento interno e as instrucións que lle transmita o persoal do centro.

  • Asemade, ao iniciar a actividade para a que se está inscrita asinarase unha declaración responsable en como nos 10 días previos non se padeceu sintomatoloxía que puidese ser compatible coa COVID-19.


Agradecemos a difusión desta información entre os vosos contactos e amizades

Saúdos

-----  Concellería de Igualdade  Concello de Vigo  Tlf. 986 810 284  Fax. 986 430 082  www.igualdadevigo.org    Observacións: No caso de non desexar recibir máis correos da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, responda a esta mensaxe indicando no asunto a palabra: BAIXA.    Protección de datos: os datos que vostede facilite incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación. A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas. O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.  Os datos solicitados unicamente serán obxeto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.   As persoas cuxos datos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de   decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase á dpd.vigo@vigo.org  Así mesmo as persoas usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.    Esta mensaxe é privada e confidencial e vai dirixida unicamente á persoa  destinataria da mesma. Se vostede non é a/o destinataria/o ou recibiu a mensaxe por erro, non debe revelar, copiar, distribuír ou usala en ningún sentido. Pregámoslle que llo comunique ao remitente e proceda á destrución da mensaxe e de calquera outro documento adxunto que poidese conter. This message is private and confidential and it is intended exclusively for the adressee. If you receive this message by mistake, you should not diseminatte, distribute or copy this e-mail. Please inform the sender and delete the message and attachments from your system.     Antes de imprimir esta mensaxe, asegúrate de que é necesario. Protexer o medio ambiente está tamén na túa man.   Before printing this message, make use it is necessary. Protecting our enviroment is also in your hands.            

DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

Ningún comentario: