venres, 14 de xaneiro de 2022

ENAPA: XESTIÓN DA ALIMENTACIÓN EN IDADE ESCOLAR. Lidia Folgar. 17 de xaneiro

Hola, 

Bos días: 

Chegounos esta información da ANPA do CEIP Valle Inclán, para quen lle interese.


Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA.


Será o próximo luns 17 de xaneiro de 2022, de 17:30 a 19:30.


Correrá a cargo de Lidia Folgar, Dietista-nutricionista especializada en psiconutrición e nutrición pediátrica con 15 anos de experiencia.

Fundadora e directora do centro de nutrición e autocoidado interdisciplinar Lidia Folgar en Pontevedra e online.

Autora dos libros "Aprender a comer solo", "La salud en tu plato" e coautora do libro solidario "Los peques a la mesa".

Redactora habitual de artigos de nutrición na web de Antena 3, colaboradora habitual do programa A Revista da Televisión de Galicia, docente de cursos de formación para nutricionistas e para a poboación xeral e divulgadora en redes sociais.

 

Nela trataremos aspectos básicos sobre:

·         A repercusión entre alimentación infantil e saúde futura.

·         A etapa da alimentación selectiva tamén coñecida como neofobias e como xestionala.

·         Debemos preocuparnos cando non comen?

·         Crenzas limitantes por parte das familias.

·         Principais erros que se cometen nos almorzos e merendas.

·         Alternativas e pautas de alimentación saudable

 

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.

 

E sen máis despedímonos agardando vervos o luns día 17.

 

Agradecemos difusión.

 

Atentamente, Paula. Coordinadora das ENAPAS do CEIP Valle- Inclán.

 

Se alguén desexa causar baixa da lista de difusión non ten máis que responder a este correo solicitando a baixa da mesma.


--
ENAPAS CEIP Valle-Inclán, Vigo

--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

Ningún comentario: