xoves, 27 de xaneiro de 2022

PROGRAMA ACTIVIDADES PARA INFANTIL E PRIMARIA. Museo do Pobo Galego. 2ºTrimestre

Queridas familias,

 Achegámosvos propostas para visitar o Museo no segundo e terceiro trimestre deste curso. Nelas combinamos a fórmula presencial e a virtual:

 ·         Ofrecémosvos  actividades presenciais dinamizadas polas nosas educadoras. Por exemplo obradoiros sobre cultura mariñeira e sustentabilidade, música tradicional na actualidade... ou, na semana da nosa Mostra internacional de Cinema Etnográfico, sesións de cinema no Museo.

·         Continuamos coas visitas autónomas para coñecer a colección pola vosa conta, a través de materiais lúdicos que vos enviamos con antelación para facilitarvos a visita.

·         Temos actividades en liña, como sesións de contos ou de cinema. Nesta opción, tamén  poderedes visitar as diferentes salas do Museo desde a vosa aula. Como? Paseando con nós nun percorrido virtual. Vós escolledes o tema e nós contámosvolo.

·         Está aberta a posibilidade de que nos visitedes por libre ou que nos fagades propostas de colaboración para que a vosa visita e inmersión no Museo sexa o máis enriquecedora posible.

 Enviamos adxunto o programa con máis información de cada actividade, 

 

Grazas pola vosa atención! Agardamos que vos interese.

Un saúdo.

--

DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA

Ningún comentario: