sábado, 28 de setembro de 2024

Visita Castelo Sobroso 🏰

Ola familias!!! 👋🏻

BENVIDAS E BENVIDOS AO CASTELO DE SOBROSO:

UNHA HISTORIA, UN CASTELO, UNHA EXPERIENCIA PARA O RECORDO

O Castelo de Sobroso está situado nun promontorio rochoso na ladeira do Monte Landín, en Vilasobroso (Mondariz). Considerada unha das fortalezas mellor conservadas da provincia de Pontevedra. A súa musealización está centrada na posta en valor do Castelo, a súa historia e a súa contorna.

A proposta que hoxe presentamos está deseñada para ofrecer ao alumnado unha “lectura interpretativa” e comprensible deste ben patrimonial, co fin de estimular a súa curiosidade, a adquisición de coñecemento e o pracer de aprender de maneira lúdica.

A visita ao Castelo de Sobroso ten unha duración aproximada de 50 min.; trata dun percorrido pola súa historia dende múltiples perspectivas (xa que cada sala posúe unha temática diferente e á vez complementaria con respecto ás demais): o castelo como fito do control do territorio integrado na paisaxe, como elemento arquitectónico e de función militar, como ben inmoble coa súa propia historia, pero tamén como espazo de residencia –tanto de persoas anónimas como de personaxes históricos-.

As diferentes salas contan con elementos audiovisuais que transforman os espazos mediante imaxes, iluminación e son; convertendo a visita á fortaleza nunha experiencia multisensorial. Este tipo de museografía, xunto á circulación polas distintas estancias do Castelo, recomendan a xestión pautada da visita e a formación de grupos pouco numerosos (15-17 persoas máx.)

Para calquera dúbida ou información adicional poden contactar no 986 100 560 ou a través do correo electrónico castelodesobroso@depo.es.

Os datos de contacto para a realización das reservas son os seguintes:

Castelo de Sobroso.

Vilasobroso, s/n CP.36879

Mondariz (Pontevedra)

+34 986100560 

castelodesobroso@depo.es

www.castelodesobroso.com

 

Ningún comentario: