Durante o primeiro trimestre ofrecemos a actividade Competencias Dixitais dirixida ao alumnado de 4° de Primaria. É totalmente gratuíto 🆓 porque está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 co obxectivo principal de promover a adquisición de competencias dixitais buscando garantir a inclusión dixital desde a infancia.
💿 Cremos que esta actividade complementaria sería de gran beneficio para o alumnado, axudándolle a desenvolver habilidades como a creatividade 🖌️, o pensamento crítico 🤔 e o traballo en equipo 🧑🤝🧑👭👬 mediante actividades lúdicas e participativas.
💿 Por iso, esta actividade de competencias básicas está pensada para ensinarche conceptos básicos de ferramentas informáticas 🖥️, uso seguro e responsable de Internet 📱, programación 💾, robótica educativa, impresión 3D, etc.
💿 A actividade impartirase todos os martes durante o primeiro trimestre de 15:50 a 16:50 horas.
💿 Para inscribir 📝 aos nenos é necesario ser socio da ANPA e enviar un correo electrónico 📨 a lopedevegaanpa@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario