martes, 29 de outubro de 2024

Tarde de Xogos de Mesa 🎲🧩 Versión XL

Ola familias!!!!👋🏻

O vindeiro mércores 6 de novembro 📆 gozaremos dunha nova xornada de xogos de mesa 🎲🧩 en familia.  

Estaremos no comedor do colexio 🏫 dende as 17:00 ata as 19:00 horas, onde teremos xogos XL e sorteos para pasar unha tarde moi divertida.

Agardámoste! 💪🏻 (entrada de balde para socios)🆓

Podedes facer a inscricion chamando o teléfono da Anpa 698164310 ou a través do mail 📨...prazas limitadas!!!!

sábado, 26 de outubro de 2024

Folga de Transporte 🚍 o luns 2️⃣8️⃣

Ola familias!!👋🏻

O luns 28 hai FOLGA DE TRANSPORTE 🚍!!

Haberá servicios mínimos..... 



mércores, 23 de outubro de 2024

📢 Manifestación contra os recortes ✂️ do ensino

Ola familias!!👋🏻

A plataforma galega en defensa do ensino público chama a toda a comunidade educativa a manifestarse 📢  contra os recortes ✂️ o vindeiro domingo día 2️⃣6️⃣ de novembro.

Na seguinte ligazón, está toda a info 👇🏻:

http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com/2024/10/a-plataforma-galega-en-defensa-do.html

Grazas!!🫂 

martes, 22 de outubro de 2024

Colaboración AIDA Books&More 📚

Ola familias!!!!👋🏻

A partir do mes de novembro 📆, a Anpa do Lope de Vega vai colaborar coa libraría social AIDA Books& More!!!📚

No local da Anpa e nos pasillos da escola, vamos a por caixas 📦 para que o alumnado done libros!!!

Esperamos e desexamos 🥹 a axuda de toda a comunidade do Lope!!!💪🏻💪🏻🫂

Recollida de Leite 🥛

Ola familias!!👋🏻👋🏻

🔊 FOANPAS pon en marcha unha vez máis unha campaña de recollida de leite 🥛, MOI NECESARIA, a favor de VIDA DIGNA (asociación sin ánimo de lucro cuxo obxectivo é a axuda integral ó necesitado) e temos ata o XOVES 7️⃣ DE NOVEMBRO..🏃🏻‍♀️🏃🏻‍♀️🏃🏻‍♀️

⚪ Podedes deixar a leite no local da Anpa e na secretaria do cole, nos horarios pertinentes de apertura.

⚪ Toda a leite recollida, será entregada 🫱🏻🫲🏻 a VIDA DIGNA.

⚪ Esperamos toda a axuda da comunidade do Lope !!🏫💪🏻


Grazas!!!🫂

Actividade Competencias Dixitais 💿📱💾

Ola familias!!!👋🏻

Durante o primeiro trimestre ofrecemos a actividade Competencias Dixitais dirixida ao alumnado de 4° de Primaria.  É totalmente gratuíto 🆓 porque está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 co obxectivo principal de promover a adquisición de competencias dixitais buscando garantir a inclusión dixital desde a infancia.

💿 Cremos que esta actividade complementaria sería de gran beneficio para o alumnado, axudándolle a desenvolver habilidades como a creatividade 🖌️, o pensamento crítico 🤔 e o traballo en equipo 🧑‍🤝‍🧑👭👬 mediante actividades lúdicas e participativas.

💿 Por iso, esta actividade de competencias básicas está pensada para ensinarche conceptos básicos de ferramentas informáticas 🖥️, uso seguro e responsable de Internet 📱, programación 💾, robótica educativa, impresión 3D, etc.

💿 A actividade impartirase todos os martes durante o primeiro trimestre de 15:50 a 16:50 horas.

💿 Para inscribir 📝 aos nenos é necesario ser socio da ANPA e enviar un correo electrónico 📨 a lopedevegaanpa@gmail.com

domingo, 20 de outubro de 2024

Festa Halloween 👻🎃

Ola familias!!👋🏻

O mércores 30 de outubro, o alumnado de 6° organiza unha festa terrorífica!!!!🎃