luns, 31 de outubro de 2022
LIGA NATACIÓN ESCOLAR 22/23
OBRADOIRO AUTOESTIMA E CONFIANZA CORPORAL
venres, 28 de outubro de 2022
IMPORTANTE: FORMACIÓN CONTADA ADICADA A XELA ARIAS
Estimados/as compañeiros/as:
Convidamos á xunta directiva e ás familias do voso centro á actividade:
CONTADA ADICADA
A XELA ARIAS
Cando: XOVES 15 DE NOVEMBRO DE 2022
Hora: 17:00 H.
Onde: CEIP IGREXA-CHAPELA (Subida á Buraca, 36320, Chapela)
Magnífica actividade con música e intérprete de lingua de signos para toda a familia, maiores e crianzas. Con esta formación preténdese promover a lectura, a compresión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística favorecendo o coñecemento de mulleres galegas, neste caso Xela Arias.
A actividade será impartida pola compañía Polo Correo do Vento.
Actividade financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Secretaría Xeral de Igualdade, Ministerio de Igualdad e Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
PREGAMOS FAGADES DIFUSIÓN DESTA ACTIVIDADE PARA DESFRUTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
Prazas limitadas.
Inscricións: foanpas@foanpas.com
Un saúdo.
Obradoiro: "Amor a todo gas" - 11/11/2022 de 10:00 a 13:00 horas
Bos días,
Reenviamos información de interese, enviada pola Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo.
Compartimos con todas o seguinte Obradoiro: "Amor a todo gas", será o día 11 de Novembro no horario de 10:00 a 13:00 horas, terá lugar na Sede da Deputación de Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17).


