Boas tardes, familias!
Queremos compartir con todos vós un pequeno resumo dos temas tratados na reunión de onte.
1. Destino da excursión
Despois de valorar as distintas opcións, o destino elixido por maioría de votos foi Madrid, cun resultado de 24 votos a favor e 6 en contra.
2. Venda de produtos de alimentación de Nadal
Lembrámosvos que seguimos contando cos nosos provedores habituais, Luicar e El Patriarca, cos que podemos colaborar na venda de produtos típicos do Nadal, como roscas, bombóns, bicas galegas, calendarios de Advento e mantecados, entre outros.
3. Venda de perfumes
Como novidade deste ano, tamén temos a opción de vender perfumes. A venda poderá continuar ata un mes antes da excursión e o beneficio é do 50 %. Hai unha gran variedade de fragrancias dispoñibles, polo que é unha boa oportunidade para seguir recadando fondos.
4. Lotería de Nadal
Como todos os anos, tamén contamos coa venda de lotería, que sempre foi unha das mellores opcións para recadar fondos para a excursión.
O número deste ano é o 47171. Animámosvos a colaborar coa súa venda e difusión!
5. Entrega da ficha de inscrición
Por último, todas as familias que non puideron asistir á reunión e aquelas que, tendo asistido, desexen que os seus fillos e fillas participen na excursión, deberán cubrir a ficha que atoparedes na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1sb8F0WmabK4KL5nddArX269YYWFHmYnQ/view?usp=sharing
Unha vez cuberta, será necesario entregala en formato físico no local do ANPA ou depositala na súa caixa de correo.
O pago da inscrición poderá realizarse presencialmente no local do ANPA ou mediante transferencia bancaria á seguinte conta: IBAN: ES34 2080 5087 6930 4000 0700
Agradecemos moito a vosa colaboración e implicación. Entre todos e todas, esperamos conseguir que os nenos e nenas poidan gozar dunha excursión inesquecible!
Moitas grazas pola vosa axuda! 😊

Ningún comentario:
Publicar un comentario