luns, 12 de febreiro de 2024

IGUALDADE

Ola familias!!

Dende a ANPA escoitamos as vosas necesidades específicas en materia de coeducación e as inquedanzas sobre o uso das TICs, os videoxogos e o papel das nenas, o acceso á pornografía, etc. Por iso queremos propoñervos que visualicedes os seguintes contidos:

- Un diálogo sobre a linguaxe na música, que tipo de mensaxe quere transmitirnos o que escoitan as nosas fillas e fillos-> "Ni malas ni vuestras" à Video

-  Video que trata a violencia dixital à Vídeo

- Video que fala da sexualidade e da orientación sexual à Vídeo

- Libros relacionados que atopamos na Escola Galega de Sexualidade à Link:

Apertas

xoves, 8 de febreiro de 2024

APRAZADA A FESTA DE ENTROIDO

Ola familias.

Por motivo do temporal que temos e a previsión para mañá aprázase a festa para o venres día 16/02 a partir das 17:00.

Apertas

venres, 2 de febreiro de 2024

Museo Liste- Exposición temporal Entroido

Ola familias!!

Xa estamos de entroido!!

No museo Liste hay unha exposición temporal de máscaras rituais.

Abaixo deixámosvos a info.

Apertas.
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

"Tempo da Psicoloxía" - Unha ollada sobre o suicidio

Ola familia!!!

A continuación deixámovos toda a información da sexta edición de Tempo dá Psicoloxía, un ciclo de conferencias de acceso libre, entre os días 19 e 22 de febreiro.

Apertas,
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

Xogos de mesa en familia

Ola familias!!

Moitas grazas a todos pola tarde tan divertida de onte no Lope de Vega!!

Na seguinte ligazón podede ver o ben que o pasamos...

E de novo, grazas a Sara e a Mini Monstros por confiar en nós!!

Instagram.com

Apertas.

CIBER.gal - Ciberseguridade non uso de videoxogos

Ola familias!!

O próximo día 7 de febreiro ás 17:30, esta organizada unha sesión formativa gratuita dirixida a pais, nais, titores e membros do sector educativo sobre a ciberseguridade no uso de los videoxogos por parte dos menores. 

A formación da actividade será en liña cunha duración de 55 minutos.

A inscripción esta aberta a través da seguiente link: https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2927604

O desenvolvemento da sesión seguirá a sguiente estructura:
  • Riscos asociados a un consumo de videoxogos non supervisado.
  • Que se poida facer ante o uso de videoxogos?
  • Medidas preventivas
  • Beneficios asociados a un xogo responsable

Apertas,
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

xoves, 1 de febreiro de 2024

XXXII CROSS ESCOLAR «PÁRROCO DON CAMILO» (10 MARZO 2024)

Ola familias!!

O día 10 de marzo terá lugar a edicion XXXII Cross escolar Párroco Don Camilo nos arredores de San Andrés de Comesaña.

A continuación deixámosvos toda a info relacionada co cross.

Animarvos a participar!!!

Aperta,

DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767