luns, 7 de marzo de 2022

INFORMACIÓN PLAZO SOLICITUDES "IES San Tomé de Freixeiro"

Ola, bos días:

Deixámosvos aquí o link  a información de inscrición para os alumnos de sexto de primaria, que se van para ou Instituto de San Tomé de Freixeiro: Inscripción.

O prazo de presentación de Solicitudes do 1 ao 21 de marzo de 2022.

Un saudo.

PUNTOS DE RECOLLIDA MATERIAL PARA UCRAÍNA

Bo día

Os deixamos a seguinte información sobre os  puntos de recollida de material para UCRAÍNA.

Un saúdo

Charla SAÚDE MENTAL ADOLESCENTE 17 marzo 2022

Ola bos días;

Recibimos a seguinte invitación ás familias do centro, á actividade:


O PAPEL DA FAMILIA NO SUFRIMENTO E SAÚDE MENTAL ADOLESCENTE

 

Cando: XOVES 17 DE MARZO DE 2022

Hora: 17:00 H.

Onde: IES ROU (Rúa Coutadas 54, Vigo)

 

A saúde mental é algo fundamental para o benestar das persoas. A pandemia provocada pola COVID veu agravar situacións de estrés, depresión, ansiedade, illamento ou atolesións que se están a dar nas nosas crianzas. É por iso que as persoas que formamos parte da comunidade educativa debemos informarnos para atallar estas situacións, detectalas e poder dar resposta cando se produzan para coidar da mellor maneira a saúde mental das nosas crianzas.

A actividade será impartida pola compañía polo psicólogo Daniel Novoa.

PREGAMOS FAGADES DIFUSIÓN DESTA ACTIVIDADE.

Prazas limitadas.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou enchendo o formulario https://forms.gle/KvfBKpvBPENrscqz8


venres, 4 de marzo de 2022

Recital Poesía con Silvia Penas. Proxección filme Anatomia dunha serea e Pleno específico do Consello da Muller. Actos polo 8M para os días 5, 7 e 8 de marzo

Ola Bos días,

 

PROGRAMA DE ACTOS POLO 8M . Día Internacional das Mulleres. VIGO
A Concellería de Igualdade de Vigo informa:

A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizamos no mes de marzo, numerosas e variadas actividades e actos con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Lembramos as actividades que se desenvolverán durante os días 5, 7 e 8 de marzo. Son as seguintes:


 5 de marzo, sábado: Proxección da curta Anatomía dunha serea". Coloquio posterior coa directora Adriana Páramo e coa actriz Iria Pinheiro.

Curta documental que amosa como a actriz Iria Pinheiro converte as experiencias de violencia obstétrica polas que pasou durante o parto e o posparto na obra de teatro Anatomía dunha serea. A través dos ensaios e das esceas da obra, Pinheiro conta a súa historia usando a parodia como motor.

Este proceso creativo acompáñase do relato da propia Pinheiro contando o que lle pasou física e emocionalmente. Unha serie de animacións en stop motion dan cifras concretas que axudan a enmarcar socialmente a violencia obstétrica. O documental, como a obra pretende amosar a historia de Pinheiro e con esto dar visibilidade a esta realidade oculta.

Lugar: Auditorio Municipal do Concello. Praza do Rei, 1.

Hora: 19:00 

Entrada libre ata completar a capacidade do local


7 de marzo, luns: Recital aberto de poesía de xénero. Acto conducido por Silvia Penas.

Desexamos que esta actividade sexa un acto coral polo que nos gustaría que te sumaras coa achega dun poema da túa escolla sobre a temática de "muller", "Igualdade", que compartirías con todas as persoas alí presentes.

Lugar: Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa, 2.

Hora: 19:00

Entrada libre ata completar a capacidade do local.


8 de marzo, martes:  Pleno específico do Consello Municipal da Muller

Integrantes do Consello Municipal da Muller intervirán lendo textos e fragmentos de obras de pensadoras e escritoras feministas

Lugar: salón de plenos do Concello. Praza do Rei, 1.

Hora: 10:00

Entrada libre con identificación ata completar a capacidade do local


8 de marzo, martes: Manifestación convocada por Galegas 8M

          Saída desde a Praza de España ás 19:30


Nos arquivos adxuntos pódese consultar todo o programa

Máis info en http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=523 e facebook "IgualdadeVigo"

Saúdos,

xoves, 3 de marzo de 2022

SUMMER CAMP DANIELA FRANCOS GONDELL’22

DEL 11 AL 23 (completo) DE JULIO Ó TURNOS 11 AL 17 Y DEL 17 AL 23 DE JULIO (de 9 a 17 años) GRUPOS DIFERENCIADOS

Queridas Familias! Os compartimos la siguiente información que tenemos.

Un año más, con la experiencia desde hace 34 años como aval, mucha prudencia y comprometidos con la salud de todos, hemos estado trabajando para mantener y poder ofreceros nuestro SUMMER CAMP-PENA AVENTURA PARK, con las mayores condiciones de seguridad e higiene y en el mejor espacio de ocio y disfrute para vuestras/os hijas/os.
Nuestros jóvenes necesitan con urgencia volver a socializar y compartir momentos únicos:
DISFRUTANDO UNAS MERECIDAS VACACIONES!!

*Descuento del 10% hn@s.
**Descuento del 5% nuestros alumn@s de Judo, participantes en nuestros  campas: DiverCarnaval-Manzaneda'22 y Summer Camp Daniela Francos Gondell-Pena Aventura'21
***Descuentos no acumulables.
Marivíc García Rodríguez
DIVERTOS
+34 616 328 966

 ---TENEMOS QUE CUIDAR DEL MUNDO EN EL QUE VIVIMOS---

Antes de imprimir este e-mail, por favor piense si realmente es necesario hacerlo.

Before printing out this e-mail, please think whether if is really necessary.


 THIS E-MAIL IS INTENDED ONLY FOR THE ADDRESSEE(S) AND MAY CONTAIN

CONFIDENTIAL INFORMATION. IF YOU ARE NOT THE INTENDED
RECIPIENT, YOU ARE HEREBY NOTIFIED THAT ANY USE OF THIS
INFORMATION OR DISSEMINATION, DISTRIBUTION OR COPYING OF THIS
E-MAIL IS STRICTLY PROHIBITED. IF YOU HAVE RECEIVED THIS
RETURN
E-MAIL AND DELETE THE ORIGINAL MESSAGE.
THANK YOU.
E-MAIL IN ERROR, PLEASE NOTIFY THE SENDER IMMEDIATELY BY

Un saludo

ACTIVIDADE FAMILIAR

Bos días,


Convidamos  ás familias á actividade:

FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI

 

Cando: LUNS 14 DE MARZO DE 2022

Hora: 17:30 H.

Onde: IME (Camiño do Chouzo 2 – Vigo)

 

Magnífica actividade con música e intérprete de lingua de signos para toda a familia, maiores e crianzas. Con esta formación preténdese promover a lectura, a compresión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística favorecendo o coñecemento de mulleres galegas, neste caso Rosalía de Castro.

A actividade será impartida pola compañía Polo Correo do Vento.

 

Prazas limitadas.

Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12

Un saúdo.

PORTAS ABERTAS E PROBAS ACCESO CMUS PROFESIONAL DE VIGO

Bos días, 

Adxuntamos folletos de inscripción para as xornadas de portas abertas que está a celebrar o CMUS Profesional de Vigo, e datas para as probas de acceso e ingreso para o curso 22-23.


Un saúdo