martes, 23 de setembro de 2025

📣 Benvidas familias!!!👋🏻

Ola familias!! 👋🏻

Dende a ANPA Lope de Vega (Asociación de Pais e Nais) do CEIP Lope de Vega, queremos darvos a benvida 🤲🏻 ao colexio e presentarnos. 
A nosa asociación está formada polas familias do colexio, que forman parte fundamental da comunidade educativa. 

Como ANPA, o noso principal obxectivo é contribuír a mellorar o funcionamento do colexio 🏫traballando en estreita colaboración co equipo directivo 🤜🏻🤛🏻, representando os intereses das familias e atendendo as súas múltiples necesidades. 

Estamos aquí para apoiar e enriquecer a experiencia educativa das nosas fillas e fillos.

Para acadar os nosos obxectivos, realizamos diversas actividades, entre as que se inclúen:

- Traballar en estreita colaboración co colexio, representando as nais e pais e formando parte do Consello Escolar 🏫.

- Implementar actividades extraescolares de calidade, así como organizar obradoiros e campamentos para enriquecer a experiencia educativa.

- Participar activamente en iniciativas que defenden contornas escolares seguras e axeitadas para todos.

- Formar parte da Federación Olívica de Asociacións de Nais de Pais do alumnado (FOANPAS), promovendo a unidade e a colaboración entre as asociacións.

- Colaborar na organización da excursión de fin de curso de 6º de primaria.

- Levar a cabo obradoiros para familias 💑👩‍❤️‍👨👨‍❤️‍👨👩‍❤️‍👩para fortalecer a comunidade educativa.

- Festexar a festa de fin de curso 🎉, un momento especial tanto para o alumnado como para as súas familias.

Por todo isto, invitámosvos a participar como membros da Anpa, xa que cremos que unha asociación forte contribúe a un colexio mellor para todos.

A cota de socio é de 20€ por familia e por curso lectivo. O pago pode ser por transferencia (*) á conta da Anpa (ES34 2080 5087 6930 4000 0700) ou en efectivo, no local .

(*) No caso de facer o pago por transferencia, debedes de enviar o xustificante de pago vía mail a lopedevegaanpa@gmail.com.

Contamos coa vosa colaboración para seguir crecendo e mellorando xuntos!!💪🏻💪🏻

Dendo o curso pasado, empregamos a aplicación chamada ANPA Lope de Vega que é gratuita e se atopa na seguinte ligazón:

https://app.appampas.com/anpalope/instalate-esta-app/

Podédela atopar no buscador de Apps polo nome Anpa Lope de Vega, no caso de dispositivos Android e en App AMPAS para dispositivos iOS.

Paso 1:
Preme no boton FORMULARIO ALTA/RENOVACION SOCIOS adxuntando o resguardo de pago.

Paso 2: 
Prema no boton SOLICITAR CARNET DE SOCIO.

Agardámosvos a todos!!!👏🏻👏🏻

Saúdos!!!🫂


Ningún comentario: