venres, 20 de outubro de 2023

Folga no ensino 24 outubro 2023

Bo día:

Informamos que os sindicatos CIG-Ensino, STEG e C-SIF Ensino  teñen convocada folga no ensino o vindeiro martes 24 de outubro 2023 e concentración en Santiago de Compostela ás 12:00 horas na praza de Cervantes.

O motivo da folga e da concentración é presionar á Xunta para que reverta os recortes realizados na educación pública os últimos 14 anos. 

Algunhas das reivindicacións son:

  • Redución de ratios en todas as etapas educativas nun prazo máximo de 4 anos para ser instauradas por completo. O nº de alumnos e alumnas por aula é un dos aspectos fundamentais da mellora da calidade educativa.
  • Recuperación das 18/21 horas de horario lectivo do profesorado, que deixe tempo dabondo para poder coordinarse e para atender axeitadamente ás familias.
  • Recuperación da presencialidade na Formación Profesional no ensino público, xa que dende o curso pasado determinados ciclos só se poden realizar de xeito presencial no ensino privado, sendo obrigatoriamente telemáticos no ensino público.
Un saúdo.
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

Ningún comentario: