venres, 17 de marzo de 2023

"RECORDATORIO" CARTA e FORMULARIO DE RECLAMACIÓN

"É importante que este cuestionario cúbrano o maior número posible de persoas para facerlle chegar á Xunta o noso desacordo cos recortes no cole." Tambien pódese pasar polo local para asinar a reclamación.


Á atención de inspección educativa da provincia de Pontevedra,


No  CEIP Lope de Vega no presente curso 2022-23 producíronse dúas xubilacións, pertencentes ás especialidades de Francés e Educación Física. A primeira delas foi cuberta a través das listas de substitución cun interino, mentres que a segunda quedou sen cubrir. 

Por outra banda, destinouse soamente unha xornada reducida do programa PROA, polo que o profesor só pode acudir 1 h semanal nos cursos de 3º a 6º (non debemos esquecer que o colexio consta de tres liñas por curso), algo que resulta bastante irrisorio, pois unha hora semanal é completamente insuficiente.

Por último, a principios de curso houbo un intento de reducir as tres liñas dos cursos impares (1º e 3º) a dúas liñas, o que supuxo que o profesorado tivese que asumir horas que non lles correspondían co fin de beneficiar ó alumnado.

Ante a gravidade dos RECURTES INDICADOS que se están a levar a cabo no CEIP Lope de Vega e tendo en conta as futuras xubilacións que se producirán (dúas vacantes aseguradas e posiblemente outras dúas), reclamamos dende a ANPA:

  • TOTAL REPOSICIÓN DAS VACANTES DE XUBILACIÓN

  • DAR MARCHA ATRÁS ÓS INTENTOS DE ELIMINAR LIÑAS DE ENSINO 

  • NON REDUCIÓN DO PROGRAMA PROA PARA O ALUMNADO NEAE 

Dado que os tres puntos que reclamamos afectan á calidade do ensino dos nosos fillos e afectan directamente ás ratios nas aulas para así poder contar cunha mellor atención, AGARDAMOS A SÚA COLABORACIÓN POLA CALIDADE DO ENSINO PÚBLICO NA CIDADE DE VIGO.


Un cordial saúdo dende a ANPA "LA ARCADIA" do CEIP Lope de Vega


Rogamos firmen esta reclamación no seguiente enlace: https://forms.gle/qUCuwGVtMJmnKqwV9

Ningún comentario: