xoves, 15 de decembro de 2022

MARCO DIDÁCTICA: 16 e 17 DEC: obradoiros infantís artistas FUTURE STORIES

Ola, bos días, os deixamos a información que nos envían de obradoiros infantis no "Museo de arte Contemporanea de Vigo". Esperamos que sexa do voso interes.


 

 

#MARCO_DIDÁCTICA

Obradoiros para público infantil

 

O 16 e 17 de decembro agárdanos unha fin de semana moi especial para o noso público máis novo, na compaña de catro das artistas participantes na exposición FUTURE STORIES.

https://www.marcovigo.com/content/marcodid-ctica-obradoiros-para-p-blico-infantil

Gratuíto. Reserva a túa praza:

Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO

Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30

VENRES 16 de decembro

"UN REFUXIO PROPIO"

Conducido por Raquel Álvarez Méndez e Lucía Perdiz Dávila (artistas exposición FUTURE STORIES)

Para participantes de 7 a 12 anos

Horario: de 18.00 a 20.00

Lugar: Espazo Anexo e salas de exposición

Gratuíto. Previa inscrición. Máximo 25 participantes

 

 

Nas salas de exposición, e na compaña das artistas, analizamos as súas obras con especial atención aos materiais utilizados, as súas texturas e as sensacións que transmiten. Falamos da idea de refuxio en diversas culturas, as súas características e dimensións, a súa configuración de xeito individual, e dentro dunha sociedade. No taller, a partir de materiais téxtiles, emprenderemos a construción colectiva dun refuxio. Adaptándonos ao espazo, e utilizando os recursos xa dispoñibles na sala (mesas, cadeiras, paredes…) iremos ensamblando os distintos elementos, reflexionando sobre o concepto de arquitectura téxtil, e de espazo habitable, a partir de elementos existentes na nosa contorna cotiá.

 

 

SÁBADO 17 de decembro

"PENSANDO-NÓS"

Conducido por Juncal A. Castro e Antía Encisa (artistas exposición FUTURE STORIES)

Para: participantes de 3 a 12 anos

Horarios:

De 11.00 a 12.30 = Grupo 1 (de 3 a 6 anos)

De 12.30 a 14.00 = Grupo 2 (de 7 a 12 anos)

Lugar: Espazo Anexo e salas de exposición

Gratuíto. Previa inscrición. Máximo 25 participantes por grupo de idade

[Cada participante (só Grupo 1) traerá de casa unha foto impresa da súa cara, en tamaño A4]

 

 


Durante a visita a salas fixámonos nas características formais das obras, nos seus compoñentes, e no que nos poden contar sobre as súas autoras. No grupo dos máis pequenos, organizamos un xogo de movemento individual e grupal, creando unha coreografía de xestos que cada participante interprete según a súa propia expresión. No taller, tomando como base a fotografía da nosa propia cara, modificámola e intervímola en modo colaxe con diferentes materiais ata crear "unha nova cara" a partir da anterior.

No segundo grupo, a partir dunha guía de preguntas relacionadas cos nosos recordos, unha repartimos anacos e retais de tea sobre os que debuxaremos ou daremos forma a esas vivencias. A continuación pasamos a un formato tridimensional, no que utilizaremos moldes de caras fabricados en resina que cada participante poderá intervir ao seu gusto, tendo en conta a súa selección de materiais e preferencias persoais. Durante a actividade teremos tamén oportunidade de ver en directo o proceso de fabricación dun dos moldes, mediante resina e termoplástico.

 

 

 

Contacto Comunicación e Didáctica

Marta Viana Tomé

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Tel. +34 986 113908 / 986 113900

comunicacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

 

AVISO IMPORTANTE: De conformidade co establecido na Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, comunicámoslle que no suposto de que non desexe seguir recibindo as comunicacións e informacións que vén recibindo mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo indique cun correo a centro.documentacion@marcovigo.comDesta forma os seus datos persoais serán dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días dende o seu envío. No suposto de que non recibamos contestación expresa pola súa parte, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa empresa siga realizando as referidas comunicacións. Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial. Se non é vostede o destinatario indicado, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.

Información para os efectos do RGPD 2016/679 e a L.O. 3/2018 de Protección de Datos Persoais. RESPONSABLE DO TRATAMENTO: FUNDACIÓN MARCO - G36909885, R/ Príncipe, 54, 36202 Vigo (Pontevedra). Correo electrónico: centro.documentacion@marcovigo.com. FINALIDADE PRINCIPAL: Manter relacións profesionais e/ou comerciais. FINALIDADE SECUNDARIA: Publicidade ou prospección comercial. LEXITIMACIÓN: Consentimento do interesado/A nosa relación comercial/interese lexítimo da organización. DESTINATARIOS: Non se cederán datos a terceiros, agás autorización expresa ou obriga legal. Poderán comunicarse os seus datos a determinados encargados de tratamento. DEREITOS DOS TITULARES: Acceder, rectificar e suprimir os datos, portabilidade dos datos, limitación ou oposición ao seu tratamento, así como a obter información clara e transparente sobre o tratamento dos seus datos. Pode exercitalos enviando un correo electrónico xunto con copia do seu DNI ou documento de identificación. INFORMACIÓN ADICIONAL: Pode consultar a información adicional e detallada sobre a nosa Política de Privacidade na nosa páxina web. CONFIDENCIALIDADE: A información contida na presente mensaxe de correo electrónico é confidencial e o seu acceso unicamente está autorizado ao seu destinatario orixinal, quedando prohibida calquera comunicación, divulgación, ou reenvío, tanto da mensaxe coma do seu contido. No suposto de que vostede non sexa o destinatario autorizado, pregámoslle borre o contido da mensaxe, e póñase en contacto connosco.

 



--

                                                                                    
 Tlf: 986298812

            

AVISO LEGAL: A información contida neste correo electrónico, e no seu caso nos documentos axuntos, é información privilexiada para uso exclusivo da persoa e/ou persoas ás que vai dirigida. Non está permitido o acceso a esta mensaxe a calquera outra persoa distinta ás indicadas. Se Vostede non é un/ha dos/as destinatarios, calquera duplicación, reprodución, distribución, así como calquera uso da información contida nel ou calquera outra acción ou omisión tomada en relación co mesmo, está prohibida e pode ser ilegal. En dito caso, por favor notifíqueo ao remitente e proceda á eliminación deste correo electrónico, así como dos seus axuntos se os houber.

 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS:

RESPONSABLE: FEDERACIÓN OLÍVICA DE ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS DE VIGO E COMARCA

FINALIDADE: o mantemento e xestión de relacións comerciais e administrativas.

LEXITIMACIÓN: o interese lexítimo dos/as interlocutores e, no seu caso, na preparación ou execución dun contrato.

DESTINATARIOS: Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal.

DEREITOS: acceso, rectificación, supresión e outros como se indica na información adicional.

INFORMACIÓN ADICIONAL: de obter máis información sobre as nosas políticas de protección de datos no email foanpas@foanpas.com o na nosa web: https://foanpas.com/web/politica-de-privacidade-de-datos-web/


logo  
IRIA SALVANDE LORENZO PRESIDENTA XUNTA DIRECTIVA, FOANPAS
+34 986298812 |
 +34 670295613|
Rúa da Nogueira, 8, 36204 Vigo (Po) 
|
presidencia@foanpas.com |
www.foanpas.com


--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

Ningún comentario: