xoves, 24 de novembro de 2022

Petición de colaboración

Bo día, 

Dende a comunidade educativa do IES Carlos Casares solicitan o noso apoio e colaboración na reivindicación para a mellora da frecuencia horaria do transporte público na contorna do Meixoeiro.

Teñen creada unha petición para a recollida de firmas a través da plataforma change.org

Deixámosvos o enlace que nos facilitaron para que o difundades e asinedes se o considerades: https://www.change.org/p/transporte-p%C3%BAblico-para-un-ensino-p%C3%BAblico.

Así mesmo, comentarvos que isto o estamos a traballar no Consello Escolar Municipal para mellorar o servizo en toda a cidade e beneficiar a todas as comunidades educativas.

Moitas grazas e un saúdo.

Ningún comentario: