NOVA TEMPADA, comezamos!
Tras a paréntese de verán, dende a área de Didáctica do MARCO retomamos a nosa programación matinal dos sábados para público infantil e familiar, con novas propostas e actividades.
Nesta primeira xornada (sábado 8 de outubro) botaremos man do plano da planta baixa do Museo para atopar diferentes materiais, similitudes e diferenzas... Non esquezas reservar a túa praza!
OBRADOIROS INFANTÍS para público familiar
Para participantes de 3 a 12 anos
Do 8 de outubro ao 17 de decembro de 2022
MARCO: Espazo Anexo (praza peonil posterior) e salas de exposición
Horarios:
1ª QUENDA (de 3 a 6 anos): sábados de 11.00 a 12.15
2ª QUENDA (de 7 a 12 anos): sábados de 12.30 a 14.00
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN
Máximo 20 participantes por sesión
Inscricións:
Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO
Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30
Máximo inscrición 2 participantes por adulto
Colabora:
Ningún comentario:
Publicar un comentario