venres, 8 de abril de 2022

Formación: "Coidamos a saúde mental da xuventude?"

Ola, bos días:

Convidavos ás familias do centro á seguinte actividade:
 

COIDAMOS A SAÚDE MENTAL DA XUVENTUDE?

 

Cando: MÉRCORES 27 DE ABRIL DE 2022

Hora: 17:00 H.

Onde: IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO (Av. Gran Vía, s/n, Vigo)

 

A saúde mental é algo fundamental para o benestar das persoas. A pandemia provocada pola COVID veu agravar situacións de estrés, depresión, ansiedade, illamento ou atolesións que se están a dar nas nosas crianzas. É por iso que as persoas que formamos parte da comunidade educativa debemos informarnos para atallar estas situacións, detectalas e poder dar resposta cando se produzan para coidar da mellor maneira a saúde mental das nosas crianzas.

A actividade será impartida por David Del Castillo, Coordinador e Psicólogo, Programa de Intervención Precoz en Psicose, DOA Saúde Mental.

PREGAMOS FAGADES DIFUSIÓN DESTA ACTIVIDADE.

Prazas limitadas.

Inscricións: enchendo o formulario: https://forms.gle/GCFMN6DSxPyTRJjEA

Un saúdo.



Ningún comentario: