xoves, 3 de febreiro de 2022

XORNADA A IMPORTANCIA DE VIVIR EN FAMILIA.

Ola, 
Bos días,

FOANPAS, en colaboración co programa En familia, organizamos a xornada formativa "A IMPORTANCIA DE VIVIR EN FAMILIA. AS NENAS, NENOS E ADOLESCENTES NO SISTEMA DE PROTECCIÓN Á INFANCIA".

Será o vindeiro SÁBADO 5 de FEBREIRO 2022 ás 9:30h no Verbum Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17 - Vigo).

Contaremos con persoas expertas en infancia e no sistema de protección , con testemuños en primeira persoa e presentarase o programa "En familia. Experiencias familiares de referencia". Contaremos cun espazo para crianzas (de 3 a 12 anos previa inscrición).

As prazas son limitadas e hai que anotarse no seguinte enlace:  https://forms.gle/GhJGeZf98txYKfcW8

Máis información no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com

Agardamos sexa do voso interese e pregamos compartades esta información coa comunidade educativa do voso centro.

Un sáudo.
A Xunta Directiva de FOANPAS.

Ningún comentario: