luns, 29 de novembro de 2021

Semana do 29 novembro ao 3 decembro. Programa de actos con motivo do 25N

Bos días:

Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo lembramos as actividades que se desenvolverán esta semana no marco programa de actos organizados pola Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller con motivo do 25 de novembro "Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres" .


- Martes, 30 de novembro ás 20:00 h.
Proxección do filme documental "Tódalas mulleres que coñezo" de Xiana do Teixeiro. 2018. 71 minutos.
Coloquio posterior coa directora
Lugar: salón de actos do MARCO. R/ Príncipe
Entrada libre ata completar a capacidade do local.


- Mércores, 1 de decembro e Xoves 2 de decembro.
Xornadas formativas 25N "Contra a violencia machista Pacto Feminista"
É necesaria a inscrición previa (ver programa completo e formulario de inscrición adxunto)
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei s/nº


- Venres, 3 de decembro ás 20:00h
Concerto "Da túa man para a miña" coas actuacións musicais de "Fillas de Cassandra" e "Su Garrido Pombo"
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei s/nº.
Entrada libre ata completar a capacidade do local.
Apertura portas ás 19:30 h aprox.


En arquivo adxunto pódese descargar o programa completo do programa así como o díptico informativo das xornadas formativas e o formulario de inscrición en formato editable

--

DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

Ningún comentario: