xoves, 7 de outubro de 2021

MARCO: comezamos! OBRADOIROS INFANTÍS os sábados pola mañá

Bos días,

Queremos informaros de que empezan os obradoiros infantís. Aqui os deixamos a información.

Un Saudo.

 

 

OBRADOIROS INFANTÍS

Para participantes de 3 a 12 anos

Do 9 de outubro ao 18 de decembro de 2021

MARCO: Espazo Anexo (praza peonil posterior) e salas de exposición

Horarios:

De 3 a 6 anos: sábados de 11.00 a 12.15

De 7 a 12 anos: sábados de 12.30 a 14.00

GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN

Listas abertas para cada sesión ata completar capacidade.

Máximo 20 participantes por sesión

[Posibilidade de reservas específicas para grupos en función de datas e horarios dispoñibles.]

Inscricións:

Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO

Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30

Máximo inscrición 2 participantes por adulto

Normas de acceso e medidas sanitarias:

Uso obrigatorio de máscara. Distancia mínima interpersoal. Desinfección de materiais e uso de xel hidroalcohólico. Prohibición de consumir alimentos e bebidas durante o obradoiro.

Colabora:

 

A partir deste mes de outubro, o MARCO retoma o seu programa especial de obradoiros dirixidos a público infantil de entre 3 e 12 anos. A proposta está adaptada a dous grupos de idade, e as actividades, que teñen lugar na sala de Didáctica (Espazo Anexo, praza peonil posterior) complétanse con percorridos por espazos interiores e polas salas de exposición.

Cada sesión é independiente, e o programa e contidos xiran ao redor das obras dos artistas presentes nas exposicións do MARCO nesta tempada:

4 Proxectos: Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, Mar Vicente [ata o 17 de outubro]

http://www.marcovigo.com/content/4-proxectos-m-nica-alonso-rosendo-cid-salvador-cidr-sjuan-cidr-s-mar-vicente

Glenda León [ata o 21 de novembro]

http://www.marcovigo.com/content/glenda-le-n-m-sica-das-formas

Din Matamoro [ata o 8 de xaneiro]

http://www.marcovigo.com/content/din-matamoro-mirada-acesa

 

Unha forma diferente de compartir experiencias… Non esquezas reservar a túa praza!

 

Marta Viana Tomé

Resp. Comunicación e Didáctica

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Príncipe 54 - 36202 Vigo

Tel. +34 986 113908 / 113900 / 113904

comunicacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

AVISO IMPORTANTE: De conformidade co establecido na Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, comunicámoslle que no suposto de que non desexe seguir recibindo as comunicacións e informacións que vén recibindo mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo indique cun correo a centro.documentacion@marcovigo.comDesta forma os seus datos persoais serán dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días dende o seu envío. No suposto de que non recibamos contestación expresa pola súa parte, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa empresa siga realizando as referidas comunicacións. Esta mensaxe diríxese exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial. Se non é vostede o destinatario indicado, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.

Información para os efectos do RGPD 2016/679 e a L.O. 3/2018 de Protección de Datos Persoais. RESPONSABLE DO TRATAMENTO: FUNDACIÓN MARCO - G36909885, R/ Príncipe, 54, 36202 Vigo (Pontevedra). Correo electrónico: centro.documentacion@marcovigo.com. FINALIDADE PRINCIPAL: Manter relacións profesionais e/ou comerciais. FINALIDADE SECUNDARIA: Publicidade ou prospección comercial. LEXITIMACIÓN: Consentimento do interesado/A nosa relación comercial/interese lexítimo da organización. DESTINATARIOS: Non se cederán datos a terceiros, agás autorización expresa ou obriga legal. Poderán comunicarse os seus datos a determinados encargados de tratamento. DEREITOS DOS TITULARES: Acceder, rectificar e suprimir os datos, portabilidade dos datos, limitación ou oposición ao seu tratamento, así como a obter información clara e transparente sobre o tratamento dos seus datos. Pode exercitalos enviando un correo electrónico xunto con copia do seu DNI ou documento de identificación. INFORMACIÓN ADICIONAL: Pode consultar a información adicional e detallada sobre a nosa Política de Privacidade na nosa páxina web. CONFIDENCIALIDADE: A información contida na presente mensaxe de correo electrónico é confidencial e o seu acceso unicamente está autorizado ao seu destinatario orixinal, quedando prohibida calquera comunicación, divulgación, ou reenvío, tanto da mensaxe coma do seu contido. No suposto de que vostede non sexa o destinatario autorizado, pregámoslle borre o contido da mensaxe, e póñase en contacto connosco.

--

DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767


Ningún comentario: