mércores, 29 de setembro de 2021

INSCRIPCIÓN ACTIVIDADE ESCOLAS BALONMAN UBL

Bó día,

Facémosvos chegar a publicación no BOPPO (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra) , BOPPO 181  no que indica, entre outras cousas, o primeiro prazo para presentar as solicitudes de inscrición ao programa "Deporte Escolas", que irá ata o 4 de outubro.

A ligazón da web da Deputación de Pontevedra, no que tedes as instrucións é o seguinte: 

A continuación indicámosvos unha breve guía para realizar as inscricións, tendo dúas opcións de presentalas, telemática ou presencial. Telemática: 1.- Acceder ao seguinte enlace: https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/58241051 2.- Picar en "rexistro electrónico" e acceder a través do sistema clave (permanente, temporal, etc..) 3.- Unha vez dentro abriranos directamente a solicitude cos campos para encher. 4.- Ter a man os arquivos do DNI e libro de familia para poder subilos. 5.- Unha vez finalizado o proceso, quedará rexistrada a solicitude.

Presencial: 1.- Acceder ao seguinte enlace: https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/58241051   2.- Picar en "tramitar sen autenticación" 3.- Cubrir todos os campos sombreados e ao finalizar pulsar en "xerar o pdf da presolicitud" 4.- Imprimir devandito arquivo.
5.- Presentalo na administración a persoa que o solicita (pai, nai ou titor legal), xunto co dni e libro de familia do neno ou nena solicitante.

Por outra banda tamén indica o inicio da actividade, fixada a partir do 13 de outubro.


IMPORTANTE

Sabemos que algúns dos horarios que aparecen la páxina donde se realiza a inscripción non se corresponden cos marcados para esta tempada, e un erro da propia deputación, pero no momento de facer a inscripción dos rapaces que marquen igulamente a opción que lles aparece ainda que a actividade realizarase nas datas e horarios tal e coma acordamos para esta tempada.

Asi mesmo, agradecemos que nos envíen un arquivo (excell preferiblemente) co listado con nomes, apelidos, data de nacemento, DNI, nº Teléfono e curso dos rapaces que realizarán a actividade.

Quedamos á vosa disposición, para calquera aclaración ou dúbida.

Un saúdo




Unión Balonmán Lavadores
Pabellón de Lavadores
Rua Pateira, s/n
36214 VIGO

Ningún comentario: