domingo, 29 de setembro de 2024

Reunión Excursión 6º Curso

Ola familias!! 👋

O vindeiro día 4 de outubro 📆, temos a reunión sobre a excursión de fin de curso, polo que convocamos as nais e pais de todo o alumnado de 6º curso.


Saúdos,



sábado, 28 de setembro de 2024

Actividades Extraescolares Curso 24-25

Ola familias!! 👋👋

Xa sabemos as actividades extraescolares que comezan a partires do 1 de outubro...



Moita sorte 🍀 a todo o alumnado do Lope!!

Apertas,




Actividades Museo Liste 🛖🗿

Ola familias!! 👋🏻

Axuntamos a nova programación do Museo Liste para o último trimestre de 2️⃣0️⃣2️⃣4️⃣.


Saúdos,

Visita Castelo Sobroso 🏰

Ola familias!!! 👋🏻

BENVIDAS E BENVIDOS AO CASTELO DE SOBROSO:

UNHA HISTORIA, UN CASTELO, UNHA EXPERIENCIA PARA O RECORDO

O Castelo de Sobroso está situado nun promontorio rochoso na ladeira do Monte Landín, en Vilasobroso (Mondariz). Considerada unha das fortalezas mellor conservadas da provincia de Pontevedra. A súa musealización está centrada na posta en valor do Castelo, a súa historia e a súa contorna.

A proposta que hoxe presentamos está deseñada para ofrecer ao alumnado unha “lectura interpretativa” e comprensible deste ben patrimonial, co fin de estimular a súa curiosidade, a adquisición de coñecemento e o pracer de aprender de maneira lúdica.

A visita ao Castelo de Sobroso ten unha duración aproximada de 50 min.; trata dun percorrido pola súa historia dende múltiples perspectivas (xa que cada sala posúe unha temática diferente e á vez complementaria con respecto ás demais): o castelo como fito do control do territorio integrado na paisaxe, como elemento arquitectónico e de función militar, como ben inmoble coa súa propia historia, pero tamén como espazo de residencia –tanto de persoas anónimas como de personaxes históricos-.

As diferentes salas contan con elementos audiovisuais que transforman os espazos mediante imaxes, iluminación e son; convertendo a visita á fortaleza nunha experiencia multisensorial. Este tipo de museografía, xunto á circulación polas distintas estancias do Castelo, recomendan a xestión pautada da visita e a formación de grupos pouco numerosos (15-17 persoas máx.)

Para calquera dúbida ou información adicional poden contactar no 986 100 560 ou a través do correo electrónico castelodesobroso@depo.es.

Os datos de contacto para a realización das reservas son os seguintes:

Castelo de Sobroso.

Vilasobroso, s/n CP.36879

Mondariz (Pontevedra)

+34 986100560 

castelodesobroso@depo.es

www.castelodesobroso.com

 

Obradoiros Charlatana

Ola familias!!👋🏻

Deixamos a seguinte ligazón 🔗 cos obradoiros didácticos que organiza Charlatana 🗣️.


Saúdos,

Xornadas de Altas Capacidades

Ola familias!!!👋🏻

Temos boas noticias.....📢  Xornadas de Altas Capacidades

Toda a info na seguinte ligazón👇🏻: 


Saúdos 

martes, 24 de setembro de 2024

Novidades: Actividades Extraescolares Curso 24-25

Ola familias!!👋

Xa temos algunhas novidades na oferta das actividades extraescolares deste curso.

As actividades que van ter lugar son: acrobática, fútbol, patinaxe, robótica, rítmica, cocina, inglés Trinity, judo, baile moderno, robotix lego, diseño de videoxogos e xadrez.

Aínda quedan prazas por cubrir en: Bright minds, competencias dixitais e pintura, para que poidan impartirse.

Suspéndense por falta de alumnado: boxeo, balonman, maxía, xogos de mesa, francés, aula mediodía, obradoiro infantil, surf, tenis e inteligencia emocional.

Agradeceríamos a colaboración de todos para que teñan lugar o máximo número de actividades e que se cubran as necesidades de todas as familias.

Para cambios de actividade, fecha límite o vernes día 27 de setembro, agradeceríamos que os poñades en contacto ca ANPA, a través do mail ou no local.

Grazas!!🙏