mércores, 1 de outubro de 2025

🚨 Reunión Socios Curso 25-26

Ola familias!!! 👋🏻

O próximo viernes día 10 de octubre, teremos a asamblea xeral de socios de curso 25-26.


Rogamos asistencia!!!

Saúdos, 

📣 Nova Xunta Directiva 👫👬👭🧑‍🤝‍🧑 Curso 26-27

Ola familias!!!👋🏻

Para o curso académico 26-27, haberá un cambio da xunta directiva da Anpa, polo que queremos aproveitar esta oportunidade para animarvos a presentar a vosa candidatura 📩📭!!!!


Saúdos!!!!🫂


domingo, 28 de setembro de 2025

🔔 Actualización Actividades Extraescolares Curso 25-26

Ola familias!!!👋🏻

A continuación, podedes ver cales serán as actividades extraescolares do curso 25-26:


Comezan o día 1 🗓️ de outubro...

📍 Informámosvos que a data límite para darse de baixa nas actividades extraescolares será o día 20 do mes anterior. 

📍 A partir desa data deberá efectuarse o pagamento do mes seguinte.

📍Para inscribirse nunha nova actividade debe poñerse en contacto ca ANPA antes do día 20 de cada mes.

📍Tamén é necesario informar a Anpa de cualquiera baixa, a poder ser vía mail, cos datos do alumno e o nome da actividade.

📍O alumnado comezará a actividade, sempre e cando sexa posible, o mes seguinte.

📍Se se debe unha mensualidade de algunha actividade extraescolar, o alumnado será dado de baixa para o mes seguinte e non poderá asistir á actividade.

Altas e Baixas

Saúdos!!



mércores, 24 de setembro de 2025

Reunión Nais e Pais Alumnado 6° 🚍🎒 - Cambio horario

Ola familias!!! 👋🏻

O venres día 3 de octubre terá lugar no comedor do cole ás 16:30 h unha reunión cas Nais e Pais do Alumnado de sexto, para falar dos temas relacionados coa excursión de fin de curso.


🚨 Rogamos asistencia dos familiares do alumnado de sexto curso, xa que falarase do custo aprox. da viaxe, da venda de lotería, da venda de productos do Nadal.


Agardámosvos!!🫂

martes, 23 de setembro de 2025

📣 Benvidas familias!!!👋🏻

Ola familias!! 👋🏻

Dende a ANPA Lope de Vega (Asociación de Pais e Nais) do CEIP Lope de Vega, queremos darvos a benvida 🤲🏻 ao colexio e presentarnos. 
A nosa asociación está formada polas familias do colexio, que forman parte fundamental da comunidade educativa. 

Como ANPA, o noso principal obxectivo é contribuír a mellorar o funcionamento do colexio 🏫traballando en estreita colaboración co equipo directivo 🤜🏻🤛🏻, representando os intereses das familias e atendendo as súas múltiples necesidades. 

Estamos aquí para apoiar e enriquecer a experiencia educativa das nosas fillas e fillos.

Para acadar os nosos obxectivos, realizamos diversas actividades, entre as que se inclúen:

- Traballar en estreita colaboración co colexio, representando as nais e pais e formando parte do Consello Escolar 🏫.

- Implementar actividades extraescolares de calidade, así como organizar obradoiros e campamentos para enriquecer a experiencia educativa.

- Participar activamente en iniciativas que defenden contornas escolares seguras e axeitadas para todos.

- Formar parte da Federación Olívica de Asociacións de Nais de Pais do alumnado (FOANPAS), promovendo a unidade e a colaboración entre as asociacións.

- Colaborar na organización da excursión de fin de curso de 6º de primaria.

- Levar a cabo obradoiros para familias 💑👩‍❤️‍👨👨‍❤️‍👨👩‍❤️‍👩para fortalecer a comunidade educativa.

- Festexar a festa de fin de curso 🎉, un momento especial tanto para o alumnado como para as súas familias.

Por todo isto, invitámosvos a participar como membros da Anpa, xa que cremos que unha asociación forte contribúe a un colexio mellor para todos.

A cota de socio é de 20€ por familia e por curso lectivo. O pago pode ser por transferencia (*) á conta da Anpa (ES34 2080 5087 6930 4000 0700) ou en efectivo, no local .

(*) No caso de facer o pago por transferencia, debedes de enviar o xustificante de pago vía mail a lopedevegaanpa@gmail.com.

Contamos coa vosa colaboración para seguir crecendo e mellorando xuntos!!💪🏻💪🏻

Dendo o curso pasado, empregamos a aplicación chamada ANPA Lope de Vega que é gratuita e se atopa na seguinte ligazón:

https://app.appampas.com/anpalope/instalate-esta-app/

Podédela atopar no buscador de Apps polo nome Anpa Lope de Vega, no caso de dispositivos Android e en App AMPAS para dispositivos iOS.

Paso 1:
Preme no boton FORMULARIO ALTA/RENOVACION SOCIOS adxuntando o resguardo de pago.

Paso 2: 
Prema no boton SOLICITAR CARNET DE SOCIO.

Agardámosvos a todos!!!👏🏻👏🏻

Saúdos!!!🫂


domingo, 14 de setembro de 2025

🔔Grupo de difusión do WhatsApp deixará de funcionar

Ola familias!!

A partir do día 1 de octubre, todas as notificacións e avisos de temas da Anpa, faranse a través da app.

O grupo de difusion do WhatsApp deixarán de funcionar.
Saúdos,

domingo, 7 de setembro de 2025

Actividades Extraescolares ℹ️

Ola familias!!👋🏻

A continuación, describimos de que trata as actividades extraescolares ⚙️ propostas para o vindeiro curso 25-26.



















Saúdos,