mércores, 19 de novembro de 2025

🔔 Clase de proba de balde para teatro 🎭, robótica 🤖 e inglés Trinity 💂🏻‍♀️!!!

Ola familias!! 👋🏻

Temos unha clase de proba de balde para as actividades extraescolares de teatro 🎭, robótica 🤖e inglés Trinity 💂🏻‍♀️!!


Para poder asistir a clase de balde é necesario enviar un mail cos seguintes datos a lopedevegaanpa@gmail.com:

- Nome e apelidos do alumno.
- Curso.
- Teléfono de contacto.

📍 É necesario avisar cunha semana de antelación ó día que queredes realizar a clase de proba.

📍 Soamente aplica para novos alumnos na actividade a disfrutar, aínda que pagaron o mes de dita actividade pero non asistirán.

📍 A oportunidade de ter a clase de proba é ata as vacacións do Nadal.

Agardámosvos!!

Saúdos!🫂

martes, 28 de outubro de 2025

🚸 Campaña contra o acoso escolar

Ola familias!!👋🏻

Apoiamos a campaña 🚸 e deixamos a seguinte info....💪🏼💪🏼


Saúdos!!🫂

venres, 24 de outubro de 2025

Clases de apoio 🙇‍♂️🙇🏻‍♀️🙇🏽 - Ismael Perez

Ola familias!!!!👋🏻

Necesitades un apoio nas clases de mates e inglés? Ou en calquera outra materia...📝📚➕➖🧬🧮

Ismael Perez (ex-alumno do centro Lope de Vega) pode axudarvos!!


Podédes contactar no 665851736 ou vía mail: perezcalvo.ismael@gmail.com

Saúdos!!

martes, 21 de outubro de 2025

Charla Nais e Pais - Normas e límites 📵❌

Ola familias!!! 👋🏻

O día 11 de novembro temos a primeira das catro charlas "Normas e límites", para as familias impartida polo equipo de prevención de drogodependencia do Concello de Vigo. 


É necesario anotarse para asistir.....mandando un mail a lopedevegaanpa@gmail.com cos teus datos ou chamando ao 698164310.

Agardámosvos!!!🫂

luns, 20 de outubro de 2025

Festa de Samaín 🎃🕸️🦴

Ola familias!!👋🏻

O día 30 de outubro celebrase a Festa de Samaín.... 🎃🕸️🦴 no patio da escola.

A recaudación será para a excursión do alumnado de sexto!!

Agardámosvos!!!

mércores, 15 de outubro de 2025

Charla Quérote +

Ola familias!!!👋🏻

Desexamos que a tarde de hoxe fose de axuda para as familias.

Tivemos unha charla sobre temas sexuais impartido polo centro Querote +.

Moitas grazas pola colaboración e asistencia...🙏🏻

Saúdos!!

Campamento Samaín 🎃☠️

Ola familias!!!!👋🏻

Xa o temos aquí.....o campamento Samaín!! 🎃

Serán os días 31 de outubro e o 3 e 4 de novembro.

Para calquera info, tendes que contactar con Imaxina no teléfono 644731093 ou vía mail: info@imaxina.net.

Saúdos!!

Actividade de Béisbol ⚾

Ola familias!!!👋🏻

Para realizar o pago da actividade de Béisbol ⚾ , tendes que falar co monitor que imparte a actividade.


Recibiredes un papel con número de conta o de facer o pago.

Saúdos!!

luns, 13 de outubro de 2025

Actividades de Baile moderno 🧢 e Ximnasia Rítmica 🤸🏻‍♀️

Ola familias!!!👋🏻

As actividades de baile moderno 🧢 e ximnasia rítmica 🤸🏻‍♀️  teñen que pagarse a Anpa.

Podédes facer os pagos ( do 1 -7 de cada mes) de forma presencial no local ou por transferencia ao número de conta da Anpa ( ES34 2080 5087 6930 4000 0700) enviando o xustificante de pago ao mail: lopedevegaanpa@gmail.com.

Saúdos!!!

mércores, 8 de outubro de 2025

Actividades de baloncesto 🏀, patinaxe🛼 , pintura 🖌️, Jumpling Clay ✂️, deseño de videoxogos 👾, robotix lego 🤖e acrobática 🤸🏻‍♀️

Ola familias!!👋🏻

Estes días a empresa Exodega que xestiona as actividades extraescolares de baloncesto 🏀 , patinaxe 🛼, pintura 🖌️ , Jumpling Clay ✂️, deseño de videoxogos 👾, robotix lego 🤖 e acrobatica 🤸🏻‍♀️ , poñerase en contacto coas familias....
 

Será a través dunha mesaxe o móvil de contacto facilitado para que descarguedes a app Tokapp e indicarvos os pasos a seguir para facer os pagos.

Saúdos,

📣 Asamblea Socios - Orden do día

Ola familias!!! 
Saúdos,

martes, 7 de outubro de 2025

🫂 Faite Socio da Anpa Lope de Vega!!!!!

Ola familias!!!👋🏻

Para poder ser socio da Anpa Lope de Vega, tes que descargar a seguinte app gratuita:

Saúdos!!!👋🏻


venres, 3 de outubro de 2025

Obradoiro para Nais e Pais - Educación Sexual na Familia ♀️♂️⚧️

Ola familias!!!👋🏻

O mércores día 15 de octubre as 17:00 h imos ter un obradoiro para todas as familias sobre educación sexual. 


Estará impartido por unha profesional do Centro Querote +!


Os temas a tratar son os seguintes:


Podédes anotarvos enviando un mail a lopedevegaanpa@gmail.com ou chamando o teléfono 698164310.

Agardámosvos!!!

Saúdos,



xoves, 2 de outubro de 2025

Actividades de Teatro 🎭, Cociña 👩🏻‍🍳, Robótica 🤖 e Inglés Trinity 🚗

Ola familias!!!👋🏻

As actividades extraescolares de Teatro 🎭, Cociña 👩🏻‍🍳, Robótica 🤖 e Inglés Trinity 🚗 son xestionadas pola empresa Imaxina.

A través do seguinte link, podedes cubrir os vosos datos e poñervos en contacto con elas:


Queremos recordar, que calquera alta e baixa nunha actividade extraescolar, tendes que notificalo tamén a Anpa.

Saúdos!!

mércores, 1 de outubro de 2025

🚨 Reunión Socios Curso 25-26

Ola familias!!! 👋🏻

O próximo viernes día 10 de octubre, teremos a asamblea xeral de socios de curso 25-26.


Rogamos asistencia!!!

Saúdos, 

📣 Nova Xunta Directiva 👫👬👭🧑‍🤝‍🧑 Curso 26-27

Ola familias!!!👋🏻

Para o curso académico 26-27, haberá un cambio da xunta directiva da Anpa, polo que queremos aproveitar esta oportunidade para animarvos a presentar a vosa candidatura 📩📭!!!!


Saúdos!!!!🫂


domingo, 28 de setembro de 2025

🔔 Actualización Actividades Extraescolares Curso 25-26

Ola familias!!!👋🏻

A continuación, podedes ver cales serán as actividades extraescolares do curso 25-26:


Comezan o día 1 🗓️ de outubro...

📍 Informámosvos que a data límite para darse de baixa nas actividades extraescolares será o día 20 do mes anterior. 

📍 A partir desa data deberá efectuarse o pagamento do mes seguinte.

📍Para inscribirse nunha nova actividade debe poñerse en contacto ca ANPA antes do día 20 de cada mes.

📍Tamén é necesario informar a Anpa de cualquiera baixa, a poder ser vía mail, cos datos do alumno e o nome da actividade.

📍O alumnado comezará a actividade, sempre e cando sexa posible, o mes seguinte.

📍Se se debe unha mensualidade de algunha actividade extraescolar, o alumnado será dado de baixa para o mes seguinte e non poderá asistir á actividade.

Altas e Baixas

Saúdos!!



mércores, 24 de setembro de 2025

Reunión Nais e Pais Alumnado 6° 🚍🎒 - Cambio horario

Ola familias!!! 👋🏻

O venres día 3 de octubre terá lugar no comedor do cole ás 16:30 h unha reunión cas Nais e Pais do Alumnado de sexto, para falar dos temas relacionados coa excursión de fin de curso.


🚨 Rogamos asistencia dos familiares do alumnado de sexto curso, xa que falarase do custo aprox. da viaxe, da venda de lotería, da venda de productos do Nadal.


Agardámosvos!!🫂

martes, 23 de setembro de 2025

📣 Benvidas familias!!!👋🏻

Ola familias!! 👋🏻

Dende a ANPA Lope de Vega (Asociación de Pais e Nais) do CEIP Lope de Vega, queremos darvos a benvida 🤲🏻 ao colexio e presentarnos. 
A nosa asociación está formada polas familias do colexio, que forman parte fundamental da comunidade educativa. 

Como ANPA, o noso principal obxectivo é contribuír a mellorar o funcionamento do colexio 🏫traballando en estreita colaboración co equipo directivo 🤜🏻🤛🏻, representando os intereses das familias e atendendo as súas múltiples necesidades. 

Estamos aquí para apoiar e enriquecer a experiencia educativa das nosas fillas e fillos.

Para acadar os nosos obxectivos, realizamos diversas actividades, entre as que se inclúen:

- Traballar en estreita colaboración co colexio, representando as nais e pais e formando parte do Consello Escolar 🏫.

- Implementar actividades extraescolares de calidade, así como organizar obradoiros e campamentos para enriquecer a experiencia educativa.

- Participar activamente en iniciativas que defenden contornas escolares seguras e axeitadas para todos.

- Formar parte da Federación Olívica de Asociacións de Nais de Pais do alumnado (FOANPAS), promovendo a unidade e a colaboración entre as asociacións.

- Colaborar na organización da excursión de fin de curso de 6º de primaria.

- Levar a cabo obradoiros para familias 💑👩‍❤️‍👨👨‍❤️‍👨👩‍❤️‍👩para fortalecer a comunidade educativa.

- Festexar a festa de fin de curso 🎉, un momento especial tanto para o alumnado como para as súas familias.

Por todo isto, invitámosvos a participar como membros da Anpa, xa que cremos que unha asociación forte contribúe a un colexio mellor para todos.

A cota de socio é de 20€ por familia e por curso lectivo. O pago pode ser por transferencia (*) á conta da Anpa (ES34 2080 5087 6930 4000 0700) ou en efectivo, no local .

(*) No caso de facer o pago por transferencia, debedes de enviar o xustificante de pago vía mail a lopedevegaanpa@gmail.com.

Contamos coa vosa colaboración para seguir crecendo e mellorando xuntos!!💪🏻💪🏻

Dendo o curso pasado, empregamos a aplicación chamada ANPA Lope de Vega que é gratuita e se atopa na seguinte ligazón:

https://app.appampas.com/anpalope/instalate-esta-app/

Podédela atopar no buscador de Apps polo nome Anpa Lope de Vega, no caso de dispositivos Android e en App AMPAS para dispositivos iOS.

Paso 1:
Preme no boton FORMULARIO ALTA/RENOVACION SOCIOS adxuntando o resguardo de pago.

Paso 2: 
Prema no boton SOLICITAR CARNET DE SOCIO.

Agardámosvos a todos!!!👏🏻👏🏻

Saúdos!!!🫂


domingo, 14 de setembro de 2025

🔔Grupo de difusión do WhatsApp deixará de funcionar

Ola familias!!

A partir do día 1 de octubre, todas as notificacións e avisos de temas da Anpa, faranse a través da app.

O grupo de difusion do WhatsApp deixarán de funcionar.
Saúdos,

domingo, 7 de setembro de 2025

Actividades Extraescolares ℹ️

Ola familias!!👋🏻

A continuación, describimos de que trata as actividades extraescolares ⚙️ propostas para o vindeiro curso 25-26.



















Saúdos,