domingo, 29 de setembro de 2024

Reunión Excursión 6º Curso

Ola familias!! 👋

O vindeiro día 4 de outubro 📆, temos a reunión sobre a excursión de fin de curso, polo que convocamos as nais e pais de todo o alumnado de 6º curso.


Saúdos,



sábado, 28 de setembro de 2024

Actividades Extraescolares Curso 24-25

Ola familias!! 👋👋

Xa sabemos as actividades extraescolares que comezan a partires do 1 de outubro...



Moita sorte 🍀 a todo o alumnado do Lope!!

Apertas,




Actividades Museo Liste 🛖🗿

Ola familias!! 👋🏻

Axuntamos a nova programación do Museo Liste para o último trimestre de 2️⃣0️⃣2️⃣4️⃣.


Saúdos,

Visita Castelo Sobroso 🏰

Ola familias!!! 👋🏻

BENVIDAS E BENVIDOS AO CASTELO DE SOBROSO:

UNHA HISTORIA, UN CASTELO, UNHA EXPERIENCIA PARA O RECORDO

O Castelo de Sobroso está situado nun promontorio rochoso na ladeira do Monte Landín, en Vilasobroso (Mondariz). Considerada unha das fortalezas mellor conservadas da provincia de Pontevedra. A súa musealización está centrada na posta en valor do Castelo, a súa historia e a súa contorna.

A proposta que hoxe presentamos está deseñada para ofrecer ao alumnado unha “lectura interpretativa” e comprensible deste ben patrimonial, co fin de estimular a súa curiosidade, a adquisición de coñecemento e o pracer de aprender de maneira lúdica.

A visita ao Castelo de Sobroso ten unha duración aproximada de 50 min.; trata dun percorrido pola súa historia dende múltiples perspectivas (xa que cada sala posúe unha temática diferente e á vez complementaria con respecto ás demais): o castelo como fito do control do territorio integrado na paisaxe, como elemento arquitectónico e de función militar, como ben inmoble coa súa propia historia, pero tamén como espazo de residencia –tanto de persoas anónimas como de personaxes históricos-.

As diferentes salas contan con elementos audiovisuais que transforman os espazos mediante imaxes, iluminación e son; convertendo a visita á fortaleza nunha experiencia multisensorial. Este tipo de museografía, xunto á circulación polas distintas estancias do Castelo, recomendan a xestión pautada da visita e a formación de grupos pouco numerosos (15-17 persoas máx.)

Para calquera dúbida ou información adicional poden contactar no 986 100 560 ou a través do correo electrónico castelodesobroso@depo.es.

Os datos de contacto para a realización das reservas son os seguintes:

Castelo de Sobroso.

Vilasobroso, s/n CP.36879

Mondariz (Pontevedra)

+34 986100560 

castelodesobroso@depo.es

www.castelodesobroso.com

 

Obradoiros Charlatana

Ola familias!!👋🏻

Deixamos a seguinte ligazón 🔗 cos obradoiros didácticos que organiza Charlatana 🗣️.


Saúdos,

Xornadas de Altas Capacidades

Ola familias!!!👋🏻

Temos boas noticias.....📢  Xornadas de Altas Capacidades

Toda a info na seguinte ligazón👇🏻: 


Saúdos 

martes, 24 de setembro de 2024

Novidades: Actividades Extraescolares Curso 24-25

Ola familias!!👋

Xa temos algunhas novidades na oferta das actividades extraescolares deste curso.

As actividades que van ter lugar son: acrobática, fútbol, patinaxe, robótica, rítmica, cocina, inglés Trinity, judo, baile moderno, robotix lego, diseño de videoxogos e xadrez.

Aínda quedan prazas por cubrir en: Bright minds, competencias dixitais e pintura, para que poidan impartirse.

Suspéndense por falta de alumnado: boxeo, balonman, maxía, xogos de mesa, francés, aula mediodía, obradoiro infantil, surf, tenis e inteligencia emocional.

Agradeceríamos a colaboración de todos para que teñan lugar o máximo número de actividades e que se cubran as necesidades de todas as familias.

Para cambios de actividade, fecha límite o vernes día 27 de setembro, agradeceríamos que os poñades en contacto ca ANPA, a través do mail ou no local.

Grazas!!🙏

venres, 20 de setembro de 2024

Actividades Competencias Dixitais

Ola familias!!!!👋🏻

Aviso!!!⚠️ A actividade de Competencias Dixitais que se ofrece os martes terá unha duración de 2 horas diarias, rematando ás 17:50 h. 

Perdón polas molestias!!🫂

mércores, 18 de setembro de 2024

Obradoiros Científicos no Marco

Ola familias!!!👋🏻

O próximo 27 de setembro 🗓️ celebrarase a Noite Europea das Persoas Investigadoras 👩🏻‍🔬.

Aproveitando esta data, o Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO,CSIC) 🌊🐬 levará a cabo no Espazo Anexo do Museo Marco en Vigo os talleres científicos "Da investigación á acción: o Centro Oceanográfico de Vigo".

Son talleres de carácter gratuito, ós que se poderá acceder de 17 a 21 horas e na que público de todas as idades poderá mergullarse de forma práctica e amena en todos aqueles temas nos que traballa o Centro Oceanográfico de Vigo.

Saúdos,

Aviso Socios

Ola familias!!!👋🏻👋🏻

Saúdos,

domingo, 15 de setembro de 2024

Colaboración das familias!!!!!

Queridas familias!!👋🏻

Buscamos pais/nais 👩🏻‍🦰👱🏻‍♀️👩🏻‍🦲👩🏻‍🦱 voluntarios que desexen colaborar 🤜🏻🤛🏻 coa ANPA durante o curso escolar. Durante todo o ano organizaremos charlas 🗣️ e obradoiros ⚙️ dirixidos a pais e nais, nos que, lamentablemente, os nenos non poderán participar. Para facilitar a asistencia a estas actividades, gustaríamos poder ofrecer un servizo de ludoteca 🏫 .

Gustaríanos contar co teu apoio nestes momentos concretos. Deste xeito, podemos garantir que todos poidan participar sen inconvenientes.💙

Se estás interesado en colaborar, non dubides en contactar connosco. 

A túa axuda é moi importante! 🫂

Grazas polo teu apoio.

De que tratan as actividades extraescolares?

Ola familias!!!👋🏻👋🏻👋🏻

Ya estamos de novo por aquí.....👌🏻

A continuación, explicamos de que tratan as actividades extraescolares ⚙️ que oferta a Anpa do CEIP Lope de Vega.

Calquera dúbida, podedes pasar polo local da Anpaa facer a consulta.

martes, 10 de setembro de 2024

Novo Curso 2024-2025

Ola familias!!👋🏻

Estamos de volta!!!💪🏻💪🏻

O mércores comezamos un novo curso e no local da Anpa estaremos dispoñibles para calquera dúbida ou consulta 🤔....no horario de apertura do local....ollo!!!!

📢 Estade atentos ao blog e redes sociais xa que publicaremos novidades 🆕 !!!!

Saúdos,

luns, 9 de setembro de 2024

Traxes de Judo

Ola familias!!👋🏻👋🏻

No local da Anpa temos traxes de judo 🥋 de diferentes talles e cintos de varias cores 🟠⚪🔵🟢que podedes solicitar!! 

Pasa polo local da Anpa....esperamos que lle dean bo uso e trato...polo ben de todos!!!🫂

Saúdos,

venres, 6 de setembro de 2024

Novidades Piscinas

Ola familias!!👋

Xa temos horarios e custo das piscinas 🏊💦para o curso 2024-2025.

En primeiro lugar, e para poder facer disfrute da actividade extraescolar é condición necesaria ser soci@ da ANPA do Lope de Vega, cunha cuota de 20 euros por curso e unidade familiar

A continuación, está o formulario "online" onde podedes rexistrarte como soci@s:

Formulario Socio Anpa

Se preferis facelo a man 📝, ao final tendes o formulario para realizar a inscripción como socio.

Este curso o custo da actividade por cuadrimestre é de 32,20 euros e as actividades comezarán o día 1 de outubro.

Indícanse os horarios a continuación:



Para formalizar a matricula é necesario:

  • Estar inscrito como soci@ da ANPA (enviar o xustificante de pago da cuota de soci@ o mail 📩 lopedevegaanpa@gmail.com ou pasar polo local da ANPA para realizar o pago).

  • A inscrición farase únicamente presencial no local da ANPA.

  • Os novos alumn@s, deberán cubrir o formulario "Folla de Inscrición do alumno". 

Como no resto das actividades extraescolares, hai ata o día 20 de setembro para inscribirse.

É importante que leas as normas internas das piscinas para poder desenvolver a actividade da mellor forma posible.

Normas internas Piscinas

Inscrición Socios ANPA

Oferta Piscinas Curso 2024-2025

Saúdos,



luns, 2 de setembro de 2024

Oferta Actividades Extraescolares Curso 2024-2025

Ola familias!! 👋

Aquí imosvos deixando a proposta das actividades extraescolares para o vindeiro curso 2024-2025.....sentimos a demora 🙏.

Será condición indispensable ser soci@ da ANPA para optar ás extraescolares e á aula matinal para todo o alumnado cunha cuota de 20 euros por curso e unidade familiar. Tendes que inscribirvos como socios ou socias e logo poderedes anotar @s nen@as na aula matinal e nas actividades.

Incluimos a folla de inscrición📝Aula Matinal que comezará o primeiro día escolar.

As familias que necesiten facer uso deste servizo por favor avisade con anterioridade vía Whatsapp 📲ou mail 📩 a Imaxina, posto que teñen que saber cantos nen@s teñen cada día polos ratios alumnado-monitor. De non avisar corredes o risco de non poder deixar ó alumn@ na aula por falta de monitor. Email IMAXINA: info@imaxina.net e teléfono de contacto: 644731093-986125911.

O final da publicación tendes os documentos necesarios a cubrir para a inscrición.

Tamen podedes daros de alta coma socios na seguinte ligazón:

Formulario Socio Anpa

En canto as piscinas, aínda están pendiente de confirmar horarios e precios por parte deles. En canto nos informen, xa publicamos os horarios.

Nos seguintes días iremósvos explicando de que tratas as actividades.....estade atent@s!!




Decir tamén que os precios das actividades extraescolares poden sufrir algunha modificación de precio de última hora (*)

(*) A actividade de "Competencias Digitales" finaliza ás 17:50 h. Cada semana terá unha duración de 2 horas.

Disculpade as molestias.

Inscrición Socios ANPA

Inscrición Aula Matinal

Oferta Actividades Extraescolares Curso 2024-2025

Tendes ata o día 20 de setembro para facer a inscrición nas actividades estraescolares. 

Para que teña lugar unha actividade temos que chegar a un número mínimo de alumnado, polo que estade atentos ao blog coas novidades!!

Bo inicio de curso!!

Saúdos,