xoves, 18 de decembro de 2025

Liga de Natación do Lope 🏊🏻‍♀️🫧

Ola familias!!!!👋🏻

Para o vindeiro ano, comenzamos coa Liga de Natación do Lope na piscina do Carmen!!🏊🏻‍♀️🫧

A primeira xornada é o día 25 de xaneiro.


Como podes participar:

- Ter cumpridos os 6 anos.
- Saber nadar.
- E ter moitas ganas de pasar unha mañá moi divertida....

Tendes ata o vernes 16 de xaneiro para anotarvos e necesitamos:

- Nome e Apelidos do participante.
- Data de nacemento.
- Teléfono de contacto.

Decir tamén que necesitamos a axuda de nais e pais para estar alí cos participantes!!!

Para poder participar podedes apuntarvos no local da Anpa, vía correo electrónico  ou por teléfono ...

Agardámosvos!!

mércores, 10 de decembro de 2025

✨Festa do Nadal ✨🎁🎅🏻🎄

Ola familias!!👋🏻

O vernes 19 de decembro as 17:00 horas pasaremos unha tarde máxica!!!✨

Terá lugar a Festa do Nadal do alumnado de sexto!!


Haberá concerto 🎷, a visita de Papá Noel 🎅🏻, encendido de luces 🎄 e as baladadas🕛🕠🕝🕒!!!

A recaudación será para o alumnado de sexto.

Agardámosvos!!!! 🫂

 

sábado, 6 de decembro de 2025

Curso Formación Dixital 💻 de balde

Ola familias!!!  👋🏻

A continuación, deixamos toda a info sobre o curso de Formación Dixital totalmente de balde.

Formación Dixital é un programa formativo para obter a capacitación en competencias dixitais intermedias que a Xunta de Galicia ofrece a cidadanía.

Este programa comezou en outubro de 2024 e estará operativo ata o ano 2026, poden participar tódalas persoas maiores de 14 anos, incluídas adultas.

É completamente de balde, 100% online e 100% titorizado.

Ten unha duración máxima de 10 semanas (250 horas) aínda que cada persoa pode realizalo curso o seu propio ritmo, o curso pódese iniciar en calquera momento do ano (hai varias datas abertas) e rematase 10 semanas despois do seu inicio.

Consiste nunha formación moi práctica, con vídeos, contidos interactivos, acompañamento de sesións grupais e un titor que leva o control de toda a formación.

A estudante disporá dunha guía práctica para cursar o temario. O contido está dispoñible en galego e castelán.

Rematada a formación recibirase un diploma acreditativo da formación completada, expedido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia.

Este curso a maiores ofrece a preparación para optar o ComDix intermedio.

¡As inscricións están abertas!

Inscríbete aquí:


Para máis información podes contar no 681 053 179 escribirnos a info@formaciondixital.gal

Dalle click a ligazón que hai abaixo e emprega o usuario e contrasinal que están a continuación:


Saúdos,

martes, 2 de decembro de 2025

Xornadas portas abertas 🫧🏊🏻‍♀️

Ola familias!!👋🏻

A semana do día 15 de diciembre, teremos xornadas de portas abertas nas piscinas 🫧🏊🏻‍♀️ do Concello, na piscina de Lavadores e na piscina do Carmen.

Saúdos!🫂

Campamento do Nadal 🤶🏻☃️🎁🎄

Ola familias!!

Presentamos o Campamento do Nadal 🤶🏻☃️🎁🎄para todo o alumnado do Lope!!

Tamen podédes ter servizo de fiambreira 🥪.

Podédes facer a inscripción chamando ao 644731093, no mail info@imaxina.net ou na seguinte ligazón 👇🏻:


Saúdos!