mércores, 28 de agosto de 2024

NOVO HORARIO ANPA

 Ola familias!! 👋

📣Aviso a navegantes!! 

Este curso cambia o horario 🕒 de atención no local da ANPA!!




venres, 23 de agosto de 2024

Necesitamos de ti!! Queremos contar contigo e que formes parte!!

Queridos pais e nais, 🙏

Escribímosvos para falarvos dun tema moi importante para a nosa comunidade escolar: a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA).

A ANPA é unha parte fundamental da nosa escola, que traballa cada día para mellorar a experiencia educativa dos nosos fillos e fillas. Para que este traballo sexa efectivo e siga medrando necesitamos o apoio e a participación de todas as familias.

No curso 2023/2024 había uns 470 alumnos matriculados no centro 🏫.

Unhas 220 familias están afiliadas á ANPA.

Nas reunións non chegamos aos 20...

Necesitamos de ti! Queremos contar contigo e que formes parte!! 👆➕👆

O custo de ser socio da ANPA é de 20€ anuais e o impacto da túa participación pode ser inmenso. Precisamos que te impliques e participes activamente na información e na toma de decisións asistindo ás 2 ou 3 reunións que convocamos anualmente e ás actividades que se organizan para o enriquecemento de nais/pais e alumnos.

Formar parte da ANPA non é só unha oportunidade para implicarnos máis na educación dos nosos fillos, senón tamén unha forma de colaborar activamente na organización de actividades, obradoiros, eventos e, sobre todo, na defensa dos intereses do alumnado ante a dirección do centro e as autoridades educativas.

Como socios da ANPA poderás:

- Participar na toma de decisións que afecten a toda a comunidade escolar.

- Contribuír á organización de actividades extraescolares, que enriquezan a vida académica e social dos nosos fillos.

- Colaborar en proxectos que melloren as instalacións e recursos do centro.

-  Apoiar iniciativas solidarias e promover valores de comunidade e colaboración.

Por iso convidámoste a unirte a ANPA e facerte SOCIO ACTIV@.

A túa participación é fundamental para poder seguir desenvolvendo proxectos que beneficien a todo o alumnado.

Para facerte socio só tes que cubrir o Formulario Socios📃 que adxuntamos e entregalo na oficina da ANPA, ou ben podes facelo directamente a través do Blog ANPA Lope de Vega

Tamén estaremos encantados de responder a calquera dúbida que teñas.

Agradecemos 🙌de antemán a túa atención e esperamos contar coa túa valiosa colaboración para seguir construíndo, entre todos, un futuro mellor para os nosos fillos.

Atentamente,

a dirección da ANPA do CEIP Lope de Vega de Vigo.



martes, 13 de agosto de 2024

Calendario Curso 24-25

Ola familias!!!👋🏻

Xa temos o calendario 🗓️ do próximo curso 🎒 .....

Deixamos info na seguinte ligazón 👇🏻:


Saúdos! 😉


Axudas Comedor e Material Escolar para Infantil

Ola familias!!! 👋🏻

🆕 A partir de mañá 🗓️ poderase solicitar as axudas de comedor e material escolar 📝 para INFANTIL do Concello de Vigo!!!

Deixamos toda info na seguinte ligazón 👇🏻:


Saúdos!!!😉


xoves, 8 de agosto de 2024

Beneficios de ser socios 🤜🏻🤛🏻

Ola familias!! 👋🏻

🔔 Importante facerse socio 🤜🏻🤛🏻 da Anpa!!

Razóns...abaixo 👇🏻...

Grazas por difundir!!!!🫂


mércores, 7 de agosto de 2024

Actividades Extraescolares Novo Curso

Ola familias!!👋

📣Estamos ultimando as actividades extraescolares 🏃🏄🏂🏀🎾🎧🎨🎻do curso 2024-2025.

📣Nos vindeiros días 📆 publicarémolas polas diferentes canles de difusión📲da Anpa.

📣Estade atentas!! 💬


Saudos!!



Blog e Redes Sociais

Ola familias!! 👋

A maiores do blog 📑, temos redes onde publicaremos todas as cousas que organiza a ANPA Lope de Vega e avisos 💬 ou notas informativas.

Se tedes algunha dúbida podedes usar o mail 📩 lopedevegaanpa@gmail.com ou pasar polo local a partir do mes de septembro !!!

Grazas por difundir!! 💪💪👌🙋


 Saudos!! 😜