mércores, 29 de maio de 2024

AVISO - RECOLLIDA BILLETES CÍES

 Ola Familias!!

A próxima semana (para facilitar a entrega dos billetes a Cíes) estaremos no local de luns a venres de 16 a 17 horas. 

Non vos esquezades de vir a polos vosos billetes!! 

O  día da viaxe debedes levar a autorización da Xunta e o billete pois faránvos falta as dúas cousas e debedes gardalo tamén para a viaxe de volta.

Saúdos!!

Xogo DRAK

 Ola familias!!

Minimonstros invita ás familias ó evento gratuito que tera lugar o vindeiro sábado día 1 de xuño dentro das xornadas de ocio libres de pantallas!!!

Tendes toda a info abaixo!!!

Saúdos!!!

Exposición Achega das mulleres á sustentabilidade do mar.

 Ola familias!!

A semana pasada, o alumnado de 5° de primaria participou na exposición Achega das mulleres á sustentabilidade do mar.

Foi moi lúdica e o alumnado participou moito.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron!!!

Saúdos,



xoves, 23 de maio de 2024

CAMPAMENTO VERÁN

Ola familias!!  

Xa temos aquí as datas do campamento de verán, que levamos a cabo coa colaboración de Imaxina. 

Se tedes algunha dúbida, contactade con Imaxina no teléfono:  644 731 093.

Un saúdo,

--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

Xornadas formativas contra a violencia vicaria.

Ola familias!!!!

O mércores 29 y xoves 30 de maio terá lugar as Xornadas formativas contra a Violencia Vicaria, na sala de conferencias da Sede Afundación.

Abaixo deixamosvos toda a info.

As personas interesadas en asistir teñen que cubrir o impreso cos seus datos a: xornadas.igualdade@vigo.org.

Saúdos.

Charla: "Altas capacidades"

Ola familias!!!

O vindeiro domingo 26 de maio en Marín terá lugar unha charla sobre "Altas capacidades".

Saúdos

Descubre lo que tu cuerpo esconde

 Ola familias!!!!

Se queredes desconectar uns días. ..aquí tendes una oportunidade!!

Retiro "Descubre lo que tú cuerpo esconde".

Ten un 5% de desconto para as familias socias.

Abaixo tendes toda a info!!

Saúdos


sábado, 18 de maio de 2024

Obradoiro para as familias

Ola familias!!

A ANPA do Lope de Vega xunto coa organización Quérote + organizamos o obradoiro "Benestar na familia, coidándonos en equipo" que terá lugar o día 5 de xuño dende as 16:30 ata as 18:00 horas.

É necesario confirmar asistencia no número do local 698164310 ou enviando un mail a: lopedevegaanpa@gmail.com.

Apertas,

venres, 17 de maio de 2024

Fin campaña natación escolar

Recordade que a finais de maio remata a Campaña de Natación.

Formaranse novos grupos para xuño e xullo.

Tendes más info más piscinas.

Andaina contra o cancro

Ola familias!!

O vindeiro 16 de xuño as 10:30 horas terá lugar a II Andaina contra o cancro....

Abaixo tendes toda a info.

Saúdos!!!!


INVITACIÓN ACTOS BICENTENARIO POLICÍA NACIONAL

Ola familias!!!

O domingo 26 de maio as 11:00 horas no parque de Castrelos terá lugar a celebración do bicentenario da policía nacional.

Nela a policía fará exibicions e moitas cousas mais....

Saúdos!!!

Curso Capacitación dixital para persoas adultas - Gratuito

Ola familias!!!

No instituto de Teis fan un curso de Capacitación Digital para personas adultas.

Terá lugar no mes de xuño.....abaixo deixamos info.

Un saudo!!!!

xoves, 9 de maio de 2024

LIGA NATACIÓN ESCOLAR 2023-2024 - Tercera Jornada - 26/05/2024

Ola familias!!

O vindeiro domingo 26 de maio disfrutaremos da última xornada da Liga de Natación Escolar de esta tempada.

Lembrade que os participantes novos deben ser inscritos antes do luns anterior (20 de maio).

As/os nenas/os inscritas na primeira e segunda xornada, coma sempre, xa están inscritos para esta.

Saúdos
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

martes, 7 de maio de 2024

OBRADOIRO DOBRAXE

Ola familias!!!

Aquí deixamosvos unha mostra do ben que o pasaron o alumnado de 5° de primaria no obradoiro de dobraxe. 

Saúdos.

venres, 3 de maio de 2024

ENQUISA

 Ola familias!!

Dende a ANPA convidamovos a participar na seguinte enquisa sobre a DIXITALIZACION DA ESCOLA E EDIXGAL.

So os levará uns minutiños.

Para elo, tendes que entrar no seguinte enlace: https://forms.gle/q1c6CVMmq4fvLJra6

Tendes ata o 16 de maio para participar.

Grazas!!!

VIAXE AS ILLAS CÍES

 Ola familias!!

Non vos esquezades que o venres 10 de maio remata o prazo para a inscrición á excursión a Cíes.

Viaxe as Illas Cíes

Non vos quededes sen a vosa praza, que son limitadas!

Un saúdo.