mércores, 24 de abril de 2024

CAMPAMENTO VERÁN

Ola familias!!  

Xa temos aquí as datas do campamento de verán, que levamos a cabo coa colaboración de Imaxina. 

Se tedes algunha dúbida, contactade con Imaxina no teléfono:  644 731 093.

Un saúdo,

--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

Axudas económicas respiro familiar

Ola familias!!

Na seguinte ligazón tendes toda a info sobre as axudas da Xunta que acaban de publicarse.

Son axudas económicas para as familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade.

Un saudo,
--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

martes, 23 de abril de 2024

ACTIVIDADES CASA DA MULLER


Ola familias!!

Informamos que está aberto o plazo de inscripción de obradoiros do Servizo de Igualdade do Concello de Vigo. 

Os obradorios son de canto, de competencias dixitais, asociacionismo feminino, igualdade e sobre sexualidade.

Ditos obradoiros levaránse cabo na Casa da Muller.

Tendes toda a info na página web do Concello. 

Saúdos,

CONCENTRACIÓN: Vigo con Palestina 24 abril 2024

Ola familias!!!

O próximo mércores, día 24 de abril, terá lugar una manifestación cidadá "VIGO CON PALESTINA".

Saúdos,

--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

venres, 19 de abril de 2024

CAMPAÑA RECOLLIDA LEITE NAS ANPAS ABRIL 2024

Ola familias!!

A Anpa do Lope de Vega vai colaborar coa Campaña de recollida de leite a favor de VIDA DIGNA (asociación sen ánimo de lucro cuxo obxetivo é a axuda integral ó necesitado).

Podes deixar a vosa doazón no local da Anpa ata o día 30 de abril.

Saúdos,


--
DIRECTIVA ANPA LOPE DE VEGA
986 481 767

martes, 9 de abril de 2024

NOVA XUNTA ANPA

 Ola familias!

Este ano acaba a nosa etapa na ANPA e toca dar relevo...

Polo momento, non hai xente de abondo para facer un novo equipo.

Como recordatorio, a ANPA xestiona actividades extraescolares, madrugadores, excursión de sexto, festas, obradoiros, campamentos, viaje a Cíes, entre outras cosas....

Para anotarvos solo tendes que pasar polo local, indicando o voso nome e teléfono de contacto ou enviando un mail a lopedevegaanpa@gmail.com ou tamen pode ser polo WhatsApp (698164310).

A data límite será antes da asamblea xeral de xuño.

Grazas!!

luns, 8 de abril de 2024

OBRADOIRO DE MULLERES INVENTORAS

  Bos días familias,

Dende a ANPA e coa colaboración do colexio, organizamos un obradoiro para o alumnado de 4º de primaria.

O obradoiro foi subvencionado coa axuda de Foanpas.

Agardamos que vos gustase.

Saúdos