mércores, 28 de maio de 2025

Rifas 🎟️ para a tómbola da Festa!!🥳

Ola familias!!!👋🏻👋🏻

Comenzamos coa venda de rifas 🎟️ para a gran tómbola que imos ter na Festa do Lope!!!!🥳

Podedes pasar polo local da Anpa a mercalas.....

Sorte para todas e todos!!!!

Saúdos!! 🫂

 

 

luns, 26 de maio de 2025

Derradeiro día de Xadrez ♟️!!!!

Ola familias!!!👋🏻👋🏻

Hoxe é o derradeiro día da actividade extraescolar de Xadrez!!!♟️♟️

Vémonos o curso que ven!!!!

Saúdos!!!

domingo, 25 de maio de 2025

Aviso!!!! Campamento Dixital: enviar documentación!!!!

Ola familias!!👋🏻

Acabamos de enviar un mail a todas as familias que solicitaron o Campamento Dixital. 

Necesitamos que nos envíedes a documentación adxunta asinada xunto cunha copia do DNI do alumno. 

Se non o recibistedes, poñervos en contacto coa Anpa.

Grazas!!

xoves, 22 de maio de 2025

Festa Fin de Curso no Lope!!!🥳🥳

Ola familias!!!! 👋🏻

5....4....3....2...1....xa estamos preparando a Festa de Fin de Curso no Lope de Vega!!!!🥳🥳🥳

Será o día 14 de xuño, teremos inchables, cantina, actuacións e unha gran tómbola cheiña de agasallos!!!!...

 
Agardámosvos!!!

Saúdos!!!🫂

mércores, 21 de maio de 2025

Campaña do Leite!!!🥛🥛💪🏻💪🏻

Ola familias!!!👋🏻

Este ano queremos darvos as grazas polo apoio recibido!!!!🫂

RECOLLIMOS 191 LITROS DE LEITE!!!! 🥛🥛🥛🥛para a asociación Vida Digna.


Tamén queremos agradecer á dirección do centro pola difusión da información e o apoio!!!!🫂

Saúdos,